Rocío Fraga Sáenz, nada na Coruña en 1976 é unha socióloga e política galega.

Traxectoria Licenciada en Socioloxía pola Universidade da Coruña, experta en Investigación e Acción Participativa, así como en Igualdade e Emprego.

Estivo vinculada a diferentes movementos sociais, desde o ecoloxismo, o estudantil ou o feminismo. Concorreu como número 7 nas listas de Esquerda de Galicia - Os Verdes ás eleccións municipais de 1999 para a cidade da Coruña.

Após as eleccións municipais de 2015 saíu elixida concelleira pola Marea Atlántica e foi nomeada responsábel de Igualdade e Diversidade. Foi tamén deputada provincial. Nas municipais de 2019 non volveu a concorrer na candidatura de Marea AtlánticaRocío Fraga, baja en la lista de Marea Atlántica en mayo e abandonou as súas responsabilidades políticas ó final do mandato.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía de Rocío Fraga na web do Concello da Coruña

Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1976 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Corporación Municipal da Coruña 2015-2019 Categoría:Feministas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes