O Parque nacional Bayerischer Wald, ou Parque Nacional da Foresta Bávara en tradución ó galego, atópase na rexión Baviera, no sur de Alemaña.

Características O parque foi declarado no 1970 e conta cunha superficie de 13.500 hectáreas. O hábitat predominante é o bosque e a alta montaña. É colídante co Parque Nacional de Sumava, localizado nos montes de Bohemia, na República Checa. Os bosques situados nas partes máis elevadas teñen sido moi afectados pola choiva ácida.

Vexetación e fauna As árbores predominantes son as faias e os abies alba. Tamén están presentes as especies arbustivas coma o sorbus aucuparia e o viburnum opulus. A fauna presente consta do Moucho de Tengmalm, a pita do monte, o cervo, o xabaril, o corzo e o lince boreal.

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do parque .

Categoría:Parques nacionais de Alemaña Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1970