Eugenia Vieito Blanco, nada na Coruña o 27 de marzo de 1970, é unha política galega.
Traxectoria Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña ten un mestrado oficial en Xestión de Políticas Públicas, pendente do traballo final. Ten tamén iniciado un mestrado oficial en Dereito da Unión Europea.
Traballou como persoal de servizos xerais no Servizo Galego de Saúde e como PAS na Universidade da Coruña.
Após as eleccións municipais de 2015, nas que se presentaba como candidata polas listas da Marea Atlántica, foi elixida concelleira e nomeada responsábel de Facenda e Administración dentro do goberno encabezado por Xulio Ferreiro.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía de Eugenia Vieito na web municipal
Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1970 Categoría:Corporación Municipal da Coruña 2015-2019 Categoría:Concelleiros de Galicia pola Marea Atlántica Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes