miniatura|300px|The Battle of Trafalgar de J. M. W. Turner (óleo sobre tea, 1822–1824) amosa as últimas tres letras deste célebre sinal no Victory. England expects that every man will do his duty (en ) foi un sinal enviado polo Almirante Horatio Nelson, 1º Barón Nelson dende o seu buque insignia HMS Victory cando a Batalla de Trafalgar estaba a piques de comezar o día 21 de outubro de 1805. Trafalgar foi o combate naval decisivo das Guerras Napoleónicas. Outorgou ó Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda o control do mar, evitando calquera posibilidade de que o Primeiro Imperio Francés invadise e conquerise Gran Bretaña. Malia que houbo unha gran confusión no tocante ás verbas exactas do sinal despois da batalla, a importancia da vitoria e a morte de Nelson durante a batalla fixeron que a frase ficase gravada na consciencia británica, e foise citada, parafraseada e referenciada en múltiples ocasións até a actualidade.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas National Maritime Museum Páxina de The Historical Maritime Society sobre as citas erradas Royal Navy Primeira e segunda parte dunha breve historia do barco HMS Victory
Categoría:Guerras Napoleónicas Categoría:1805