Mar de plástico é unha serie de televisión española producida por Boomerang TV para Antena 3. A súa estrea foi o 22 de setembro de 2015 de maneira simultánea en Antena 3, Neox, Nova e Mega.
Sinopse Todo comeza nunha noite calorosa. A moza Ainhoa Sánchez Almunia (Mara López), filla da alcaldesa da localidade almeriense de Campoamargo onde conviven un amplo crisol de culturas, acode a unha cita nos plásticos. As luces da comarca apáganse e a nova é brutalmente atacada en plena escuridade. Á mañá seguinte, os cultivos réganse con sangue e ninguén sabe nada da moza desaparecida. Ese mesmo día chega ao pobo Héctor Aguirre (Rodolfo Sancho), sarxento da Garda Civil e xefe da Policía Xudicial.
Héctor é un excombatente de Afganistán que arrastra un tortuoso pasado tanto no persoal como no profesional. Para el comeza a investigación máis difícil e perigosa da súa carreira, e descifrar os motivos que levaron ao asasino a perpetrar o crime converterase na súa principal inquietude. Alguén matou a Ainhoa e calquera podería ser o autor deste estraño crime. Moitos teñen motivos, moi poucos coartada. Todos na vila son sospeitosos, pero só un é o culpable.
Personaxes Rodolfo Sancho é Héctor Aguirre Belén López é Marta Ezquerro Pedro Casablanc é Juan Rueda Lucho Fernández é Salvador "Salva" Morales Patrick Criado é Fernando Rueda Nya de la Rubia é María de los Dolores "Lola" Requena Jesús Castro é Lucas Morales Federico Aguado é Sergio Rueda Andrea del Río é Pilar Yaima Ramos é Fara Will Shephard é Kaled Eva Martín é Carmen Almunia Lisi Linder é Agneska Máximo Pastor é Ignacio "Nacho" Jesús Carroza é Manuel "Lolo" Requena Andrea Ros é María del Mar "Mar" Sánchez Almunia José Chaves é Amancio Luka Peros é Eric Fernando Cayo é Luis Mikel Fernández é Pablo Mara López é Ainhoa Sánchez Almunia
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión de Antena 3