Eudoxia María Neira Fernández, alcumada Yoya, nada na Coruña en 1975 é unha avogada e política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Avogada en exercicio. Afiliouse ao PSdeG-PSOE en 1996, foi asesora do Concello da Coruña e após a renuncia de Mar Barcón á súa acta de concelleira, asumiu a concellaría de Transportes e Mobilidade en febreiro de 2009, cargo que ocupou até 2011.

Desde entón ocupou as bancadas da oposición na corporación municipal tras ser elixida tanto nas eleccións municipais de 2011 coma nas de 2015. Dende decembro de 2018 foi a voceira do grupo socialista no Concello coruñés.

Pertenceu a distintos órganos de dirección do PSOE no ámbito local e autonómico.

Vida persoal

Casada e nai de tres fillos. Notas

Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1976 Categoría:Corporación Municipal da Coruña 2007-2011 Categoría:Corporación Municipal da Coruña 2011-2015 Categoría:Corporación Municipal da Coruña 2015-2019 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes