O distrito de Fulda é unha subdivisión administrativa do Regierungsbezirk de Kassel que se atopa no leste do estado de Hessen, en Alemaña.

Xeografía Atópase entre as montañas Rhön e Vogelsberg. O río principal do distrito é o Fulda.

Demografía Ano Poboación Notas 1871 44 475 Die Gemeinden und Gutsbezirke der Provinz Hessen-Nassau und ihre Bevölkerung 1871 1890 49 168 1900 53 438 1910 63 199 1925 71 637 1933 70 985 1939 69 963 1950 94 928 1960 95 200 1970 108 800 Statistisches Jahrbuch für die Bundesrepublik Deutschland 1972 1980 190 300 1990 197 300 2000 217 710 2010 217 255 2014 217 326

Política O distrito de Fulda é un bastión tradicional da CDU, algo que tamén se reflicte na actual composición do consello do distrito. O consello do distrito componse de 81 membros e as eleccións municipais celebradas o 27 de marzo de 2011 deron como resultado a seguinte composición do consello (ao seu carón ofrécense os datos das eleccións do 26 de marzo de 2006).

Partido político20112006 Votos %Concelleiros Votos %Concelleiros Unión Demócrata Cristiá de Alemaña (CDU) 53,0% 43 57,8% 47 Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD) 19,1% 15 20,6% 17 Alianza 90/Os Verdes (GRÜNE) 14,4% 12 5,3% 4 Christliche Wähler-Einheit (CWE) 6,3% 5 5,3% 4 Partido Democrático Liberal (FDP) 3,7% 3 4,0% 3 Die Linke, lista aberta (Die Linke) 1,9% 2 1,6% 1 Os Republicanos (REP) 1,7% 1 2,2% 2 Freie Wählergemeinschaften des Landkreises Fulda (FWG) - - 3,3% 3

Vilas e concellos miniatura|dereita|400px|Vilas e concellos do distrito de Fulda. Poboación entre paréntese (segundo datos do 31 de decembro de 2014). Vilas Fulda, cidade con status especial (65 540) Gersfeld, Rhön (5 617) Hünfeld (15 843) Tann, Rhön (4 391)

Vilas comerciais Burghaun (6 442) Eiterfeld (7 088)Concellos Bad Salzschlirf (3 118) Dipperz (3 370) Ebersburg (4 536) Ehrenberg, Rhön (2 517) Eichenzell (11 033) Flieden (8 707) Großenlüder (8 601) Hilders (4 603) Hofbieber (5 927) Hosenfeld (4 618) Kalbach (6 311) Künzell (16 120) Neuhof (10 747) Nüsttal (2 789) Petersberg (15 234) Poppenhausen, Hessen (2 560) Rasdorf (1 614)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Hessen