Selahattin Demirtaş, nado en Palu o 10 de abril de 1973, é un político kurdo, colíder do prokurdo Partido Democrático dos Pobos, xunto con Figen Yüksekdağ. Foi o candidato presidencial da súa formación nas eleccións de 2014, quedando no terceiro lugar co 9.77% do voto.
Traxectoria Selahattin naceu nunha familia de lingua zazaOrhan Türkdoğan, Doğu ve Güneydoğu: Sorunlar ve Çözüm Yolları, IQ KültürSanat Yayıncılık, 2009, ISBN 978-975-255-262-3, p. 16 na provincia de Elazığ e alí completou os seus estudos primarios e secundarios. Logo estudou comercio e administración marítima na Universidade de Dokuz Eylül mais por problemas políticos non puido completar a carreira e principiou a estudar dereito na Universidade de Ankara, tras de licenciarse traballou como avogado antes de entrar na sección de Diyarbakır da Asociación de Dereitos Humanos (IHD), onde substituíu en 2004 ao presidente local, Osman Baydemir, elixido alcalde de Diyarbakır. Durante o seu mandato, a asociación centrouse na cuestión dos asasinatos políticos sen resolver en Turquía.
Carreira política miniatura|Póster electoral de Selahattin Demirtaşa miniatura|Porcentaxe de votos logrados por Demirtaş nas 81 provincias de Turquía na elección presidencial de 2014 Demirtaş comezou a súa carreira política como membro do Partido da Sociedade Democrática (DTP) en 2007 e nas eleccións resultou elixido para o parlamento e foi o xefe do seu grupo parlamentario. O Tribunal Supremo ordenou en 2009 a ilegalización do DTP e os seus deputados integráronse no Partido da Paz e da Democracia (BDP). O BDP celebrou o seu primeiro congreso en 2010 e elixiu a Selahattin Demirtaş e Gültan Kışanak como os seus dirixentes. Reelixido nas eleccións de 2011 como parte da lista "Traballo, Democracia e Liberdade" que apoiaba o BDP e outras 18 organizacións políticas democráticas. En 2014 formouse o HDP no que se integrou o BDP e que elixiu a Demirtaş, e Figen Yüksekdağ como os seus líderes, presentando ao primeiro como o seu candidato ás eleccións presidenciais de 2014. Nas eleccións parlamentarias de xuño de 2015, o HDP logrou o 13.12% do votos e 80 escanos dun total de 550 asentos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Eleccións parlamentarias de Turquía de 2023
Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados na provincia de Elazığ Categoría:Activistas polos dereitos humanos de Turquía Categoría:Avogados Categoría:Políticos de Turquía