miniatura|Shirley Temple en 1933 O Óscar xuvenil (Academy Juvenile Award ou Juvenile Oscar) foi un Óscar honorífico entregado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas segundo decisión da Xunta de Gobernadores para recoñecer actores de menos de dezaoito anos pola súa "importante contribución ao entretemento".
O trofeo era unha estatua en miniatura dun Óscar que medía aproximadamente sete polgadas de alto. O premio entregouse entre 1935 e 1961.
Historia O primeiro neno actor candidato ao Óscar foi Jackie Cooper, de nove anos, candidato en 1931 polo seu traballo en Skippy. Recoñecendo que os rapaces podían ter desvantaxes entre os votantes nas categorías de mellor actor ou actriz e a non existencia das categorías para actores secundarios, a Academia decidiu crear un premio especial honorífico para recoñecer o traballo de actores de menos de dezaoito anos.
O 27 de febreiro de 1935, na 7ª edición dos Óscar, entregouse o primeiro premio xuvenil.
Nos seguintes vinte e cinco anos entregouse intermitentemente a doce actores. Porén, varios intérpretes xuvenís foron candidatos nas categorías de mellor actor secundario ou mellor actriz secundaria en categorías competitivas, como Bonita Granville (con catorce anos), Brandon deWilde (con once), Sal Mineo con dezasete. e Patty McCormack (con once). Ningún deles gañou.
O 17 de abril de 1961, na 33ª edición dos Óscar entregouse o último Óscar Xuvenil.
Premiados
Ano Premiado IdadeIdade na cerimonia, non na filmación, que puido ter lugar un ou dous anos antes da entrega do premio1934(7ª)Shirley Temple6 anos, 310 días1938(11ª)Deanna Durbin17 anos, 81 díasMickey Rooney18 anos, 153 días1939(12ª)17 anos, 264 días1944(17ª)8 anos, 59 días1945(18ª)14 anos, 32 días1946(19ª)12 anos, 167 días1948(21ª)12 anos, 59 días1949(22ª)13 anos, 20 días1954(27ª)10 anos, 39 días7 anos, 91 días1960(33ª)14 anos, 364 días
Anos seguintes En 1962, Patty Duke, de dezaseis anos, gañou o Óscar á mellor actriz secundaria por O milagre de Anna Sullivan, converténdose na máis nova gañadora dun Oscar. Tras ela tamén gañaron na mesma categoría Anna Paquin, con once anos, por The Piano (1993), e Tatum O'Neal, con dez, por Lúa de papel (1974).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas– Páxina oficial – Base de datos oficial
Xuvenil Categoría:Listas de arte e cultura