Miguel Ángel López González, popularmente coñecido como Hematocrítico ou El Hematocrítico de Arte, nado na Coruña en 1976 e finado en Navia (Vigo) o 27 de novembro de 2023, foi un mestre, humorista, escritor e activo comunicador en redes sociais galego.
Traxectoria Exerceu de profesor de ensino infantil, inglés e primaria dúas décadas no colexio das Escravas da Coruña.
Como comunicador o seu papel principal foi o de blogueiro, inicialmente, e logo como tuiteiro, onde no momento do seu falecemento a finais de 2023 contaba con 160 000 seguidores. Tamén colaborou en medios tradicionais, como a revista de cinema Cinemanía, El Diario, ou a revista de humor Mongolia. Tamén foi comentarista dos programas de Antena 3 Top Chef, Pekin Express e Casados a primera vista.
Xa nunha contorna máis local foi colaborador no programa de radio Turkía, que copresentaban Antón Lezcano e Txury Ferrer. Ademais, foi presentador en 2015 e 2016 dos TEDxMadrid.
Na súa obra nas redes sociais expresouse preferentemente en lingua castelá, se ben na obra literaria publicou tanto en galego como en castelán. Literariamente cultivou tanto a banda deseñada de carácter didáctico como a literatura infantil e xuvenil.
En novembro de 2024 celebrouse en Vigo o Hematofesti e creouse o I Premio Humor con H de álbum ilustrado infantil.
Obra Novela gráfica El Hematocrítico de Arte (2012). Bilbao: Caramba. 96 páxs. ISBN 978-8493930653 (4ª). Drama en el portal (2013). Bilbao: Caramba. 128 páxs. ISBN 9788494060243. El Hematocrítico de Arte 2 (2015). Bilbao: Caramba. 96 páxs. ISBN 9788461697519. El Hematocrítico de Artres (2017). Bilbao: Caramba. 96 páxs. ISBN 978-8416880188.
Literatura infantil Feliz Feroz (2014). Anaya. Premio Fundación Cuatrogatos 2015. Axente Riciños (Xerais, 2016). O lobo con botas (Xerais, 2016) Rapunzel con piollos (2019) Pequeno Merlín, álbums. Ilustracións de Mar Villar. Tradución de Anaír Rodríguez. Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-9121-569-1. Alcaldesa vermella (2020) Ilustracións de Mar Villar. Anaír Rodríguez, tradutora. Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-9121-650-6. Mi hermono (2021). Anaya. Ilustracións de Alberto Vázquez. Un perro (2021). Anaya. Ilustracións de Alberto Vázquez. Vaia cabuxiño! (2021) Ilustracións de Mar Villar. Tradución de Anaír Rodríguez. Vigo: Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-9121-883-8. Dejadme en paz. Max Burbuja 1 (2021) Ilustracións de Santy Gutiérrez. B de Blok, do grupo Penguin Random House. Robar está fatal. Max Burbuja 2 (2021) Ilustracións de Santy Gutiérrez. B de Blok, do grupo Penguin Random House. Se hace viral. Max Burbuja 3 (2021) Ilustracións de Santy Gutiérrez. 128 páxs. B de Blok, do grupo Penguin Random House. Contra el comedor. Max Burbuja 4 (2021) Ilustracións de Santy Gutiérrez. 128 páxs. B de Blok, do grupo Penguin Random House. Dona Problemas (2023). Vigo: Xerais. Ilustracións de Paco Roca. Morto de fame (2023). Vigo: Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-1110-330-5. Tradución de Anaír Rodríguez e ilustracións de Mar Villar. Unha unicornia (2023). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-1110-405-0. Ilustracións de Alberto Vázquez. Dona Problemas, salvadora da escola (2024, póstuma). Vigo: Xerais. 96 páxs. Ilustracións de Paco Roca. ISBN 978-84-1110-258-2. Dona Problemas, rescatadora de mascotas (2025, póstuma). Vigo: Xerais. 104 páxs. ISBN 978-84-1110-667-2.
Banda deseñada
A media hora dos heroes. Lendas do recreo (2020). Ilustracións de Albert Monteys, tradución de Anaír Rodríguez. Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-9121-653-7. Campións do mundo. Lendas do recreo (2020) Ilustracións de Albert Monteys, tradución de Anaír Rodríguez. Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-9121-654-4.
Obras colectivas
Caramomia (2023). Vigo: Xerais. Con María Lado, Daniel Landesa, Ledicia Costas. Ilustrador: Martín Romero.
Vida persoal Finou dun infarto na casa onde vivía, en Navia (Vigo), e que compartía coa súa parella, a tamén escritora Ledicia Costas.
Tiña dúas fillas.
Premios
2015: Premio Fundación Cuatrogatos por Feliz Feroz. 2021: gañador do XXXIX Concurso de Narrativa Infantil ‘Vila d’Ibi’ por Doña Problemas. 2024: Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes 2023, a título póstumo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Twitstar
Ligazóns externas "El Hematocrítico, Hombre GQ de la Semana", entrevista na Revista GQ. Marina Chiavegatto ¿Cómo ser un «twitter star»?, La Voz de Galicia, 25 de abril de 2015.
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Humoristas de Galicia Categoría:Nados en 1976 Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Finados en 2023 Categoría:Finados por doenza