Jean-Yves Thibaudet, nado en Lión o 7 de setembro de 1961,Michael & Joyce Kennedy, 2007. é un pianista francés.Fanfaire biography

Traxectoria Jean-Yves Thibaudet naceu en Lión, Francia, de pais músicos, mais non profesionais. O seu pai tocaba o violín, e a súa nai, de orixe alemá, aprendeu a tocar ela soa o piano e foi quen introduciu a Jean-Yves no instrumento.

Thibaudet entrou no Conservatorio de Lión con cinco anos, e comezou a estudar seriamente piano con varios mestres destacados. Realizou a súa primeira interpretación en público con sete anos. Gañou a medalla de ouro do conservatorio en 1974, cando tiña doce anos, e posteriormente entrou no Conservatorio de París, onde estudou con Aldo Ciccolini e Lucette Descaves. Tres anos despois, gañou o primeiro premio do conservatorio, e con 18 anos gañou as audicións de concerto de artistas novos en Nova York.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Kennedy, Michael and Joyce. Oxford Concise Dictionary of Music (5th edition). Oxford: Oxford University Press, 2007. ISBN 978-0-19-920383-3. Pound, Jeremy. "Le Grand Bleu", BBC Music Magazine, March 2010

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1961 Categoría:Pianistas de Francia Categoría:Nados en Lión Categoría:Franceses de ascendencia alemá