San Lourenzo de Moimenta é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 154 habitantes (76 homes e 78 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 202 habitantes.
Nesta parroquia ten a súa sede a Banda Popular de Moimenta.
Patrimonio Na parroquia atopouse unha ara votiva da deusa Diana, que se garda no Museo de Pontevedra. Hai algunhas mámoas, restos dun posible castro coñecido polo castreliño, e tres sepulcros antropomorfos en roca, preto da igrexa.
Existiu un torreón medieval, a Torre da Valouta, e houbo unha importante fundición de ferro ata o século XVIII. A igrexa parroquial de San Lourenzo de Moimenta, de fachada barroca, ten dúas imaxes en pedra, labradas a primeiros do século XX por Xosé Vilariño.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Moimenta
Parroquias de Lalín
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín
Ligazóns externas Moimenta na web do concello de Lalín
Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Lourenzo