A AC-543 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Vidán (Santiago de Compostela) e Noia; atravesa os concellos de Santiago de Compostela, Ames, Brión, Lousame, Rois e Noia. Ten unha lonxitude de 27,37 quilómetros e iníciase en Vidán (Santiago de Compostela) e finaliza nun cruzamento coa AC-550 en Noia.
Percorrido
A estrada inicia o seu percorrido en Santiago de Compostela na parroquia de Laraño, proseguindo pola de Villestro. A continuación, no concello de Ames, atravesa a parroquia de Ortoño pasando polo seu núcleo, Bertamiráns. Máis tarde pasa, no concello de Brión, pola parroquia dos Ánxeles. Prosegue polo concello de Rois, pasando pola parroquia de Urdilde e logo pola de Ermedelo. Xa no concello de Lousame, pasa pola parroquia de Toxosoutos. A continuación, no concello de Noia, pasa polas parroquias de Roo e finalmente Barro, onde remata na estrada AC-550, no lugar de Curral de Orro.
Notas
Categoría:Estradas da rede primaria básica de Galicia na provincia da Coruña Categoría:Santiago de Compostela Categoría:Ames Categoría:Brión Categoría:Lousame Categoría:Rois Categoría:Noia