A festa da Coca é unha celebración de orixe pagá que ten lugar na localidade portuguesa de Monção, e que ten lugar o día do Corpus Christi. Adoita celebrarse na Praça de Deuladeu. A orixe desta celebración radica na lenda mitolóxica da coca, un ser da mitoloxía galega que vive nas augas do mar ou dos ríos. Hai rexistros desta celebración dende o século XV.
A Coca de Monção, ao posuír desde o ano 2002 un irmandamento con Redondela, publicita desde o 2003 esta celebración turística conxuntamente coa Coca de Redondela.
Celebracións similares Existen outras celebracións asentadas sobre a lenda da coca: Coca de Redondela Coca de Betanzos Cucafera de Tarragona: a Cucafera está baseada no mesmo animal mitolóxico.Cucafera, forma catalá de Coca fera, en referencia á súa fereza e agresividade. Drac de Vilafranca Mulassa de Reus Tarasca de Santa Marta, en Valencia. Tarasca de Granada Tarasque de Tarascon, en Tarascón (Bocas do Ródano, Francia).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Coca (mitoloxía) Ligazóns externas Festa da Coca.
Categoría:Monção Categoría:Mitoloxía galega