miniatura|dereita|200px|Minamoto no Yoritomo, primeiro shōgun do shogunato Kamakura.

Na historia do Xapón, o termo shōgun (将軍, lit. «comandante do exército») refírese a un rango militar e título histórico concedido directamente polo emperador. A verba shōgun é a abreviación de seii taishōgun (征夷大将軍, lit. «gran xeneral que acouga os bárbaros"),Izuka & Sinclaire, 2001:13. nomeamento que até 1192 fora temporalTurnbull, 2006a:40. e era empregado para referirse ó xeneral que comandaba o exército enviado a combater os emishi, que habitaban no norte do país.

Durante o século XII e até o ano 1868, o shogun constituíuse como o gobernante de facto de todo o país, aínda que, teoricamente, o emperador era o lexítimo gobernante e dispoñía de autoridade no shogun para gobernar no seu nome.Maki, 2008:30. Durante este tempo, o emperador viuse obrigado a delegar completamente calquera atribución ou autoridade civil, militar, diplomática e xudicial a quen tivese este título.Kuno, 2007:245.

Durante os primeiros contactos con Occidente e mesmo nalgúns países asiáticos, como na China, o shōgun era considerado como o «rei do Xapón», e descoñecíase a existencia de dúas estruturas de autoridade. Actualmente, algúns escritores e historiadores describiron o shogun con apelativos como «ditador militar»Gaskin & Cebrian, 2005:11. ou «xeneralísimo»Johnson, 2000:741. coa finalidade de explicar as súas funcións a un público non familiarizado coa historia do país.

Ó longo da historia do Xapón existiron tres shogunatos. O primeiro estabeleceuno en 1192 Minamoto no Yoritomo, coñecido como shogunato Kamakura. Este goberno só foi controlado por tres membros do clan Minamoto, xa que o poder usurpouno o clan Hōjō, que baixo o título de rexentes nomeaban a shoguns marioneta, nenos e mozos que non ben cumpriran os vinte anos. O segundo shogunato é coñecido como Ashikaga e foi fundado en 1338 por Ashikaga Takauji. Durante este shogunato, quince membros do clan Ashikaga mantivéronse no poder até que un prominente militar do período Azuchi-Momoyama chamado Oda Nobunaga derrocou o shogun en 1573.Hall, 1988:230. O derradeiro foi o shogunato Tokugawa, instituído oficialmente por Ieyasu Tokugawa en 1603Bryant, 1995:80. e que rematou en 1868 despois da renuncia ó cargo de Tokugawa Yoshinobu,Turnbull, 1996:153. cando o emperador Meiji recuperou o seu papel protagonista na política do país e a figura do shogun foi abolida.

Notas

Categoría:Historia do Xapón