A Liña 8 do metro de Barcelona é un servizo de ferrocarril metropolitano que forma parte da Liña Llobregat-Anoia de Ferrocarrís da Generalitat de Cataluña (antigos Ferrocarrils Catalans), compartindo infraestrutura con cinco servizos máis. Camins de Ferro del Nord-est d'Espanya (NEE) construíu e inaugurou o ferrocarril no ano 1912.
O trazado da liña que une Barcelona - Pl. Espanya e Molí Nou Ciutat Cooperativa, é de dobre vía soterrada no 73% do percorrido e dobre vía en superficie o resto do trazado.PDI 2009-2018, páx. 30.Cambra de Comerç de Barcelona 2009, páx. 14.
No 2007, inaugurouse unha nova estación entre Ildefons Cerdà e Gornal chamada Europa Fira,Cambra de Comerç de Barcelona 2009, páx. 49. baixo a Plaça d'Europa de l'Hospitalet de Llobregat e está programada unha nova estación chamada Cornellà Salines entre Cornellà-Riera e Sant Boi, entre outras ampliacións como a creación de dos tramos de 11 e 14 km.
Notas
Liña 08