A esclerose sistémica é unha doenza reumatolóxica autoinmunitaria que se caracteriza por producir esclerose a nivel dos diferentes órganos. Fundamentalmente afecta á pel, de aí que habitualmente esta forma de afectación, denominada esclerodermia (esclerose da pel), se estableza como sinónimo de esclerose sistémica.
Adoita afectar a mulleres de entra 20 e 40 anos. O prognóstico da doenza depende, en gran medida, da extensión e dos órganos afectados. As persoas cuxa doenza limítase á pel teñen, polo xeral, un prognóstico bo. Porén, os doentes con enfermidade cutánea difusa, ou afectación de órganos como os pulmóns, o ril ou o corazón, é substancialmente peor. A principal causa de morte nestes doentes son as infecciones, seguido das complicacións pulmonares e cardíacas. Na forma máis severa, a forma cutánea difusa, a supervivencia é do 70% aos 5 anos e do 55% aos 10 anos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Síndrome de Raynaud Morfea Síndrome CREST Ligazóns externas Esclerose:sistémica. Sociedad Española de Reumatología.
Categoría:Reumatoloxía