Os plutinos son obxectos transneptunianos que están en resonancia orbital 3:2 con Neptuno. Isto significa que efectúan dúas órbitas arredor do Sol no mesmo tempo que Neptuno realiza tres órbitas. Por este motivo, aínda que crucen a órbita do planeta xigante, esta non os pode expulsar gravitatoriamente.
Como esta característica a comparte Plutón, estes corpos denomínanse plutinos ("pequenos plutóns"), do nome en inglés do planeta anano.
Os plutinos forman a parte interior do cinto de Kuiper. Aproximadamente a cuarta parte dos obxectos coñecidos do cinto de Kuiper son plutinos.
A familia dos plutinos A seguinte listaxe corresponde a algúns dos obxectos da categoría dos plutinos: Obxecto semieixe maior (a)UA excentricidade (e) inclinación (i)Graos perihelio (q)UA afelio (Q)UA 39,71 0,34 5,7 26,38 53,05 39,82 0,26 4,7 29,57 50,07 40,05 0,19 5,3 32,55 47,55 (15788) 1993 SB 39,55 0,32 1,9 26,91 52,18 (15789) 1993 SC 39,88 0,19 5,2 32,24 47,52 (385135) 1993 RO 39,61 0,20 3,7 31,48 47,73 1993 RP 39,33 0,11 2,8 35,00 43,66 39,43 0,12 3,8 34,76 44,11 (15820) 1994 TB 39,84 0,32 12,1 27,05 52,63 39,37 0,25 4,8 29,48 49,26 39,65 0,22 16,5 30,83 48,47 39,48 0,19 9,3 38,67 46,98 39,77 0,15 19,5 33,70 45,85 39,39 0,22 0,4 30,70 48,08 39,65 0,13 14,6 34,59 44,71 Plutón 39,61 0,25 17,17 29,58 49,30
Características especiais dalgúns plutinos : cruza a órbita de Neptuno sen achegarse nunca ao planeta. Esta particularidade compártena algúns outros plutinos; está en resonancia orbital 4:3; (47171) Lempo é, como a parella Plutón-Caronte, un obxecto binario; 28978 Ixion, duns 1200 km de diámetro, foi durante algúns meses o planetoide máis grande coñecido.
Véxase tamén Outros artigos Cubewano Plutoide Nube de Oort Cinto de Kuiper Obxecto transneptuniano Ligazóns externas The plutinos
Categoría:Plutinos