Noa Olalla Presas Bergantiños, nada en Ourense o 2 de outubro de 1987, é unha profesora e política galega do BNG.
Traxectoria Licenciada en Filoloxía Galega e Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, ten o mestrado universitario de Profesorado. Aos 16 anos entrou nos CAE e comezou a militar no BNG. Traballou como lingüista, profesora no ensino, e teleoperadora nun servizo de atención ao cliente. Foi cabeza de lista da provincia de Ourense polo BNG nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016, sendo elixida deputada do Parlamento de Galicia.
En xullo do 2022 fixo público a través das súas redes sociais que aprobara as oposicións de ensino secundario. En 2023 preséntase como cabeza de lista por Ourense ao Congreso. Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Ourense.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Noa Presas na web do BNG
Categoría:Políticos do BNG Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1987 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia
Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia