Ngũgĩ wa Thiong'o, nado en Kamiriithu o 5 de xaneiro de 1939 e finado en Buford (Estados Unidos) o 28 de maio de 2025, foi un escritor kenyano da etnia kikuyu. A súa carreira como escritor comezou coa lingua inglesa, da que se despediu formalmente para pasar á súa lingua materna, o kikuyu, no seu ensaio Decolonising the Mind (1986). Entre a súa obra cóntanse novelas, historias curtas e ensaios, abranguendo escritos de crítica social ata literatura infantil. Foi fundador e editor do xornal en lingua kikuyu Mũtĩiri.
A súa obra A revolución vertical, orixinalmente escrita en lingua kikuyu baixo o título Ituĩka Rĩa Mũrũngarũ: Kana Kĩrĩa Gĩtũmaga Andũ Mathiĩ Marũngiĩ, foi traducida ó galego a partir da versión en inglés por Xosé Álvarez Alonso, e foi publicada pola Editorial Galaxia no ano 2019.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1938 Categoría:Nados en Kenya Categoría:Escritores de Kenya Categoría:Finados en 2025 Categoría:Escritores en lingua kikuyu