Alexander Boris de Pfeffel Johnson, nado en Nova York o 19 de xuño de 1964 é un político, historiador e xornalista británico, primeiro ministro do Reino Unido entre 2019 e 2022. Traxectoria Foi alcalde de Londres de 2008 a 2016. Tamén é Membro do Parlamento (MP) por Uxbridge e South Ruislip dende 2015. O 7 de xuño de 2022, renunciou ao cargo de líder do Partido Conservador, máis continúa a ser Primeiro Ministro ata novo aviso. Considérase a si mesmo conservador One-Nation e foi descrito como libertario por mor da súa asociación co liberalismo económico e co liberalismo social.

Escollido candidato conservador para as eleccións á alcaldía de Londres de 2008, Johnson derrotou ó alcalde laborista Ken Livingstone. Durante ó seu primeiro mandato como alcalde, prohibiu o consumo de alcohol no transporte público, introduciu os buses New Routemaster, as 'Boris Bikes' e impulsou o sector financeiro de Londres. No 2012, foi re-elixido como alcalde, derrotando de novo a Livingstone. Durante o seu segundo mandato celebráronse os Xogos Olímpicos de 2012. No 2015 foi elixido Membro do Parlamento por Uxbridge e South Ruislip.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Alcaldes de Londres Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Primeiros ministros do Reino Unido