Gregory Alexander Renfroe, nado o 23 de maio de 1986 en Hermitage, Tennessee, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense con pasaporte bosníaco que xoga para o Covirán Granada da Liga ACB. Cunha estatura de 1,91 metros xoga na posición de base.
Traxectoria Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2009, o 11 de xullo de 2009 Renfroe asinou o seu primeiro contrato profesional co VEF Rīga letón para a tempada 2009-10. En agosto de 2010, asinou co KK Zagreb croata para a tempada 2010-11. O 18 de xullo de 2011, asinou por unha tempada co New Basket Brindisi da Legadue italiana. O 24 de setembro de 2012, asinou por unha tempada co CB Valladolid da Liga ACB. En febreiro de 2013 deixou o Valladolid e asinou polo Brose Baskets alemán para o resto da tempada.
O 21 de agosto de 2013, fichou polo Yenisey Krasnoyarsk ruso. O 12 de maio de 2014, asinou co Laboral Kutxa da Liga ACB para o resto da tempada 2013-14. O 24 de setembro de 2014, Renfroe asinou un contrato de catro meses co Alba Berlin. O 30 de xaneiro de 2015, asinou unha extensión de contrato co equipo ata xuño de 2015. O 28 de xuño de 2015, asinou un contrato de dous anos co Bayern München. O 18 de xullo de 2018, anunciouse a súa fichaxe por unha tempada co Bàsquet Manresa, ascendido á Liga ACB ese mesmo ano.El BAXI Manresa tiene un nuevo director de juego: Alex Renfroe O 3 de xullo de 2020, Renfroe asinou co San Pablo Burgos da Liga ACB.Alex Renfroe, experiencia para el timón de San Pablo Burgos
O 24 de agosto de 2022, Renfroe asinou co Fundación CB Granada, acabado de ascender á Liga ACB.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil en Eurobasket.com Perfil en Euroleague.net
Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Nashville, Tennessee Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto de Bosnia e Hercegovina Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do VEF Rīga Categoría:Xogadores do KK Zagreb Categoría:Xogadores do New Basket Brindisi Categoría:Xogadores do CB Valladolid Categoría:Xogadores do Brose Baskets Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores do ALBA Berlin Categoría:Xogadores do FC Bayern München (baloncesto) Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do Galatasaray SK (baloncesto) Categoría:Xogadores do Bàsquet Manresa Categoría:Xogadores do BC Zenit San Petersburgo Categoría:Xogadores dos Leones de Ponce Categoría:Xogadores do CB Miraflores Categoría:Xogadores do Fundación CB Granada