Jamaal Abdul-Lateef, nado co nome Jackson Keith Wilkes o 2 de maio de 1953 en Berkeley (California), máis coñecido como Jamaal Wilkes, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou durante toda a súa carreira na National Basketball Association (NBA). Desde a posición de ala, conseguiu gañar catro títulos da NBA cos Warriors e os Lakers. Foi ademais trees veces All-Star e nomeado Rookie do Ano. Antes da súa etapa profesional, conseguira gañar dous campionatos da NCAA cos UCLA Bruins. Na súa honra os Lakers retiraron o seu dorsal 52. Wilkes converteuse ao islam e mudou legalmente ao seu nome en 1975, porén, segue a utilizar o seu apelido de nacemento por motivos de recoñecemento público.

Traxectoria Universidade Tras ser elixido All-American durante a súa etapa no Instituto de Santa Bárbara, pasou a formar parte dos Bruins da Universidade de California Os Angeles (UCLA). Alí, xunto a Bill Walton, gañou os campionatos da NCAA, en 1972 e 1973, e formou parte do mítico equipo de UCLA que conseguiu o récord de 88 partidos consecutivos sen perder. Nas súas tres temporadas universitarias fixo unha media de 15 puntos e 7,4 rebotes por partido, cunha porcentaxe de tiro do 51,4%.

Profesional Foi elixido o posto 11 da primeira rolda do Draft da NBA de 1974 polos Golden State Warriors. Non lle puido ir mellor no seu primeiro ano, xa que ademais de gañar o título de Rookie do Ano tras facer unha media de 14,2 puntos e 8,2 rebotes por partido, o seu equipo proclamouse campión da NBA, logrando o seu primeiro anel. Na súa segunda temporada as súas cifras melloraron, e así foi elixido por primeira vez para xogar o All Star Game, feito que se repetiría en e . Tras tres temporadas nos Warriors, foi fichado polos Lakers, onde acabou coincidindo no equipo do "Showtime" con dous dos xogadores máis determinantes da historia da NBA: Magic Johnson e Kareem Abdul-Jabbar. Xunto a eles conseguría outros tres títulos de campión da NBA en , e .

Xa con 32 anos, terminou a súa carreira deportiva no equipo veciño, Los Angeles Clippers. Nas súas doce tempadas como profesional fixo unha media de 17,7 puntos, 6,2 rebotes e 2,5 asistencias por partido. O 2 de abril de 2012, anunciouse que Wilkes pasaría a formar parte do Naismith Memorial Basketball Hall of Fame. A súa elección fíxose oficial o 7 de setembro. Pouco máis tarde chegaríanlle dous novos recoñecementos: o 28 de decembro de 2012, os Lakers retiraron o seu dorsal 52 como homenaxe, mentre que a UCLA faría o propio o 17 de xaneiro de 2013.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Biografía en NBA.com Estatísticas en Basketball Reference

Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Membros do Salón da Fama da NBA Categoría:Rookie do Ano da NBA Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados en Berkeley Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América