Santo André de Val do Carrio é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE ene 2011 tiña 61 habitantes (32 homes e 29 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 74 habitantes.
Historia O medievalista Ventura Cañizares del Rey identifica esta parroquia coa vila de Ovali, doada en 968 ao mosteiro de Antealtares, e o lugar de Abonxo co de Abaonio. Nas súas inmediacións topáronse muíños de man, cerámica e outros obxectos.
A Pena de Ouro debe o seu nome ao achado dun tesouro cando se abriu a estrada Lalín-Vila de Cruces.
Patrimonio O Pazo de Val do Carrio, chamado A Casagrande, foi fundado no século XVI como un vínculo da Casa de Cercio, é un dos máis brasonados da Galicia interior, presenta sete escudos coas armas dos Castro, Gil, Varela, Gundín, Salgado, Taboada, Deza, Camba, López de Lemos. A casa-torre foi restaurada ao final dos anos setenta.
A igrexa parroquial, construída no século XVIII como capela familiar, é sinxela pero de elegante factura.
Lugares e parroquias Lugares de Val do Carrio
Parroquias de Lalín
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín
Ligazóns externas Val do Carrio na web do concello de Lalín
Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo André