John "Jack" Laviolette, nado o 17 de xullo de 1879 en Belleville (Ontario, Canadá) e finado o 9 de xaneiro de 1960 en Montreal (Quebec, Canadá), foi un xogador profesional de hóckey sobre xeo canadense profesional. Laviolette xogou durante nove tempadas nos Montreal Canadiens, equipo do que foi o seu primeiro capitán, adestrado, e general manager. Laviolette foi unha das primeiras estrelas francófonas do hóckey sobre xeo.
Laviolette foi un goleador excepcional dende a posición de defensa. Mais o verdadeiro lugar de Laviolette na historia do hóckey ten menos que ver co seu valor como anotador e máis co seu papel como verdadeiro organizador da fundación dos Canadiens, dos que foi o primeiro xogador, adestrador e general manager na súa tempada inaugural en 1910.
Traxectoria Infancia e debut Jack Laviolette naceu en Belleville (Ontario), fillo de Antoine Rufiange Laviolette e Eliza Hébert, mais criouse en Salaberry-de-Valleyfield (Quebec), a onde se trasladou a súa familia cando tiña 12 anos. Descubriu o hóckey sobre xeo patinando sobre a superficie conxeada das esclusas supervisadas polo pai de Didier Pitre.
Na tempada 1902-1903, Laviolette xogou no Bell AAA, que competía na liga do hockey da cidade de Montreal. Na tempada seguinte, Pitre e el asinaron xuntos para xogar no National de Montréal na nova Federal Amateur Hockey League. No transcurso da tempada de 1904 xogáronse seis partidos, e os xogadores do National clasificáronse en segunda posición por detrás dos Montreal Wanderers. Laviolette, que podía xogar tanto en defensa como en ataque finalizou con oito goles en seis partidos, sendo o sexto máximo goleador da tempada.
Profesional en América do Norte 250px|miniatura|dereita|A Estación Windsor, dende onde Laviolette e Pitre emprenderon a súa aventura nos Estados Unidos. Nos Estados Unidos e a principios do século XX, a industria do cobre estaba en plena expansión para satisfacer as demandas crecentes de electricidade. Míchigan posuía numerosas minas e a vila de Houghton é un dos exemplos. O Portage Lakes Hockey Club atraeu multitudes e James R. Dee, o seu propietario, quixo facer un negocio lucrativo e decidiu crear a primeira liga profesional do mundo. Jack « Doc » Gibson, un dentista chegado de Berlin (Ontario) que foi expulsado do hóckey de Ontario despois de ter aceptado moedas de ouro do alcalde de Berlin logo dunha vitoria contra unha cidade vechiña e responsable de recrutar xogadores do Canadá. Cando Gibson regresou ao Canadá e correuse a voz de que en Míchigan se pagaba aos xogadores por xogar ao hóckey, Laviolette foi un dos primeiros xogadores en probar sorte e deixou Montreal.
Laviolette xogou a tempada 1904-05 cos Michigan Soo Indians da LIH, un equipo con base en Sault Sainte-Marie. De volta a Montreal ao final da tempada, convenceu a Pitre, que aínda era xogador do National. Esperaron aos dous xogadores na Estación Windsor, mais Pitre foi retenido polos propietarios do National, ao que lle impediron unirse a Laviolette na estación. Finalmente, conseguiu reunirse co seu amigo, fíxolle asinar un contrato e os dous xogadores agocháronse na estación para coller un tren rápido sen cruzarse cos directivos do National. A aventura nos Estados Unidos non durou máis que tres tempadas en total, xa que os presidentes dos equipos canadenses decidiron dar o paso ao profesionalismo para tentar parar o éxodo dos seus mellores xogadores. A LIH non puido manter aos seus xogadores mentres as ligas profesionais eran creadas en todas partes. Pitre e Laviolette regresaron a Montreal para xogar e a súa elección foron os Montreal Shamrocks da Eastern Canada Amateur Hockey Association para as dúas seguintes tempadas.
Nacemento dos Montreal Canadiens miniatura|esquerda|O equipo dos Canadiens na tempada 1912-13. O 13 de novembro de 1909, a raíz dunha disputa entre os propietarios dos clubs membros da Eastern Canada Amateur Hockey Association e o propietario dos Montreal Wanderers, decidiuse formar unha nova liga, a National Hockey Association of Canada. A raíz da fundacióne por consello de Strachan, Jimmy Gardner, un director dos Wanderers, e John Ambrose O’Brien decidiuse explotar comercialmente a rivalidade entre os anglófonos e os francófonos de Montreal e crear un club de hóckey maioritariamente, senón totalmente, composto por xogadores de fala francesa. Para iso, encargáronlle a Laviolette recrutar xogadores francófonos para poder formar un novo club de hóckey que puidera rivalizar cos Wanderers. Naceu entón un novo equipo co nome de «Canadien» o 4 de decembro de 1909. Laviolette puido entón contar coa axuda financeira de O'Brien para construír o novo equipo. A misión de Laviolette era recrutar novos xogadores, ser director xeral, capitán, adestrador e xogador do equipo. Conseguiu recrutar a Pitre para xogar en defensa con el, Édouard "Newsy" Lalonde como rover,O rover é un posto de xogador sen posición fixa, desaparecido a principios do século XX., Joseph Cattarinich nos goles do equipo e ataque: Ed Décarie como centro, e Arthur Bernier e Georges Poulin nos postos de aleiros. Algúns destes xogadores que asinaron por ese primeiro equipo pasaron a formar parte posteriormente do Hockey Hall of Fame, como Newsy Lalonde, Didier Pitre e, o posteriormente incorporado Georges Vézina. O equipo que construíu Laviolette converteríase na franquía máis exitosa do hóckey profesional.
Como pola sinatura con Sault Sainte-Marie, a chegada de Pitre ao seo do equipo de Montreal complicouse e non se solucionou ata que se acudiu aos tribunais. O primeiro partido do equipo foi unha vitoria, mais o resultado non se ten en conta porque pouco tempo despois, a Canadian Hockey Association fusionouse coa NHA e os contadores puxéronse a cero. Finalmente, o equipo finalizou na derradeira posición a liga regular con dúas vitorias en 12 encontros. O equipo contou co reforzo de Georges Vézina para a seguinte tempada, cando remataron na segunda posición da clasificación con oito vitorias e outras tantas derrotas.
Lalonde deixou o Club de hockey Canadien antes de comezar a tempada 1911-12 e Pitre tomou o relevo marcando 28 goles na súa conta particular.
Laviolette gañou a Stanley Cup en 1916 cos Canadiens, sendo esta a primeira vez que o club conseguía alzarse co trofeo. No transcurso da súa única tempada nas pistas da NHL (1917-18), rexistrou 18 partidos e 2 goles. O 1 de maio de 1918, o seu coche bateu contra un poste e tiveron que amputarlle o pé dereito, o que puxo fin á súa carreira como xogador. No inverno de 1921 xogouse un partido benéfico para Jack no Aréna Mont-Royal, no que non só foi o invitado de honor, seón que tamén arbitrou o partido.
Morreu o 10 de xaneiro de 1960 en Montreal. O mesmo ano da súa morte, Laviolette foi introducido no Canada's Sports Hall of Fame como xogador de lacrosse, e dous anos despois da súa morte foi introducido no Hockey Hall of Fame.
Estatísticas Estatísticas como xogador Liga regular Play-offs Tempada Equipo Liga PX G A Pts PIM PX G A Pts PIM 1903–04 Montreal Le National FAHL 6 8 0 8 — — — — — — 1904–05 Michigan Soo Indians IHL 24 15 0 15 24 — — — — — 1905–06 Michigan Soo Indians IHL 17 15 0 15 28 — — — — — 1906–07 Michigan Soo Indians IHL 19 10 7 17 34 — — — — — 1907–08 Montreal Shamrocks ECAHA 6 1 0 1 36 — — — — — 1908–09 Montreal Shamrocks ECHA 9 1 0 1 36 — — — — — 1909–10 Montreal Canadiens NHA 12 4 0 4 41 — — — — — 1910–11 Montreal Canadiens NHA 16 0 0 0 24 — — — — — 1911–12 Montreal Canadiens NHA 17 7 0 7 10 — — — — — 1912–13 Montreal Canadiens NHA 20 8 0 8 77 — — — — — 1913–14 Montreal Canadiens NHA 20 7 9 16 30 2 0 1 1 0 1914–15 Montreal Canadiens NHA 18 6 3 9 35 — — — — — 1915–16 Montreal Canadiens NHA 18 8 3 11 62 — — — — — 1915–16 Montreal Canadiens Stanley Cup — — — — — 4 0 0 0 6 1916–17 Montreal Canadiens NHA 17 7 3 10 24 — — — — — 1916–17 Montreal Canadiens St-Cup — — — — — 4 1 2 3 9 1917–18 Montreal Canadiens NHL 18 2 1 3 6 2 0 0 0 0 Totais IHL 60 40 7 47 86 — — — — — Totais NHA 138 47 18 65 303 4 0 1 1 0 Totais St-Cup — — — — — 8 1 2 3 15
Estatísticas como adestrador Laviolette adestrou únha única tempada aos Montreal Canadiens co seguinte registro:
Liga regular Play-offs Tempada Equipo Liga PA V D E Pts PA V D E 1909–10 Montreal Canadiens NHA 12 2 10 0 — — — — —
Premios e logros 1904-05, 06-07 - Primeiro equipo All-Star como á dereita, IPHL 1915-16 - Campión da Stanley Cup 1960 - Introducido no Canada's Sports Hall of Fame 1963 - Introducido on Hockey Hall of Fame
Notas
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Jack Laviolette en Legends of Hockey
Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1960 Categoría:Membros do Hockey Hall of Fame Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo do Canadá Categoría:Adestradores de hóckey sobre xeo do Canadá Categoría:Defensas de hóckey sobre xeo Categoría:Xogadores dos Montreal Canadiens (NHA) Categoría:Xogadores dos Montreal Canadiens Categoría:Adestradores dos Montreal Canadiens Categoría:Nados en Ontario