A lagoa de Montcortès é un Lugar de importancia comunitaria (LIC) que se atopa no concello catalán de Baix Pallars, na comarca de Pallars Sobirà, na provincia de Lleida. É unha formación de orixe cársica e xunto coas lagoas de Basturs, é a única lagoa non glacial dos Pireneos. Atópase preto da vila de Montcortès a 1 030 msnm. O seu perímetro é case circular e mide 1 320 metros, e a súa fondura máxima é de 30 metros. Tamén está incluída no Pla d'Espais d'Interès Natural (PEIN) da Generalitat de Cataluña e na Rede Natura 2000.

Hidroloxía Trátase dunha lagoa oligotrófica (as súas augas son pobres en nutrintes). A súa hidroloxía está controlada fundamentalmente por contribucións subterráneas que compensan as perdas que ten pola evaporación e por un regato emisario na súa beira norte.

Flora Predominan as xunqueiras e as plantas acuáticas como as Potamogeton.

Fauna Destacan a rara especie de caracol Lymnaea stagnalis, a aguia peixeira, o lavanco e diversas especies de peixes.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Panorámica da lagoa de Montcortès

Categoría:Lagos e lagoas de España Categoría:Accidentes xeográficos de Cataluña Categoría:Lugares de importancia comunitaria Lagoa de Montcortès