Miguel Conde-Lobato, nado en Caracas en 1963, é un publicista galego,comunicador, creador, escritor e emprendedor galego. Acadou sona pola súa participación como creativo na exitosa campaña de Gadis Vivamos como Galegos!. Trátase da campaña máis descargada en Internet da historia da publicidade española (INFOADEX).
Traxectoria É fillo de pais galegos e residente en Galicia.
É un dos pioneiros en España do modelo emocional-cultural en comunicación, realizando grandes achegas á construción de marcas a través do que el denomina a persuasión emocional.
Ademais, leva a cabo diferentes iniciativas sociais sen ánimo de lucro, concentradas dende o 2016 na Fundación Knowcosters que tomou o nome do libro que publicou no 2010 "Knowcosters, cuando el low cost es el mal".. No libro senta as bases da trazabilidade do consumo e de como este determina o modelo social, chegando a consideralo máis importante que o voto (cando consomes votas). Así mesmo, no libro analízase como chegamos ata aquí e como podemos saír desta tormenta perfecta, poñendo énfase na información -de aí o nome Knowcost- asumindo que coa debida información o consumidor cambia a súa conduta.
Entre as iniciativas de Knowcosters está a Tripla Marcaxe (engadir xunto ó PVP , o prezo do planeta e o prezo do estado de benestar), outra das súas propostas é a Pegada Fiscal, un distintivo que informa do país onde pagan os seus impostos os comercios online.
Por outra banda, Conde fomenta un movemento a favor da "persuasión boa" na que se respecte ao máximo a liberdade de elección do consumidor polo que se mostra crítico con iniciativas de condicionamento como o Neuromarketing e o Big Data non regulado, que poden supor un menoscabo da privacidade e do ámbito de liberdade do individuo.
Nos seus máis de 30 anos de carreira ten creado e rodado decenas de historias a través de Congo Produccciones.
Autor tamén do suspense Los lobos no piden perdón, a súa primeira novela, publicada en Ediciones B (Penguin Random House) o 6 de xuño de 2019.
Obra
Novela
Los lobos no piden perdón (2019). Edicines B. 425 páxs. ISBN 978-84-666-6533-9. Thriller social. La congregación (2021). Ediciones B. 447 páxs. ISBN 978-84-666-6946-7. "Y si asesinar a un inocente fuera la mejor opción". Thriller social. Palabras malditas (2023). Ediciones B. 432 páxs. ISBN 978-84-666-7647-2. Thriller social. "En este pueblo de Galicia nada volverá a ser como antes".
Ensaio
Target: Manual de instrucciones (2007). Netbiblo. 157 páxs. ISBN 9788497450362. Knowcosters, cuando el Low Cost es el mal (2012). Netbiblo. ISBN 9788497458948.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados en Caracas Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Nados en 1963 Categoría:Publicistas