Seumas O'Kelly, nado en Loughrea (condado de Galway) en 1881 e finado en Dublín o 14 de novembro de 1918, foi un escritor irlandés.Garrity, Davin A. (1988): 44 Irish Short Stories. Seventeenth Edition. Devin-Adair. Co.

Traxectoria Comezou a súa carreira como xornalista no periódico de Cork The Southern Star. Despois pasou a traballar como editor no Leinster Leader de Naas, que deixou en 1916 para pasar a traballar no Nationality, voceiro do Sinn Féin, dirixido por Arthur Griffith. Tralo arresto deste no Alzamento de Pascua, O'Kelly regresou ao Leinster Leader. Na fachada da sede deste periódico consérvase unha placa co texto 'Seumas O'Kelly - a gentle revolutionary'. Faleceu dun ataque ao corazón.

Escribiu obras de teatro, relatos curtos e novelas. O seu conto "The Weaver’s Grave" está considerado un dos relatos máis aclamados da literatura irlandesa.

Notas

Categoría:Nados en 1881 Categoría:Nados no condado de Galway Categoría:Finados en 1918 Categoría:Escritores de Irlanda Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Xornalistas de Irlanda