O cabaliño de buxo é unha novela de literatura infantil e xuvenil de Xosé Neira Vilas publicada en 1971 por Ediciós do Castro. Está adicada a Anisia Miranda, e segue a liña de obras protagonizadas por nenos comezada con Memorias dun neno labrego (1961).

Argumento A obra está protagonizada por Ruliño. Despois da presentación do neno hai dez capítulos: "O cabaliño de buxo", "Na romaría", "Augardente", "A carta", "O reló", "O retrato", "O niño da rula", "O circo", "Un meniño" e "Na escola".

Edicións A primeira edición saíu do prelo o 17 de maio de 1971 tiña a portada deseñada por Isaac Díaz Pardo. O libro foi publicado de novo por Ediciós do Castro en 1977 e 1979, e ao igual ca na primeira edición incluía un glosario. En 1992 saíu do prelo a 12ª edición. Foi ilustrado sucesivamente por Xosé Conde Corbal, Xosé Díaz e Xosé Vizoso.Narrativa , na páxina web da Fundación Xosé Neira Vilas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cartas a Lelo Ligazóns externas Imaxe da cuberta da edición orixinal

Categoría:Obras literarias de 1971 Categoría:Novelas en galego Categoría:Novelas ambientadas en Galicia Categoría:Obras literarias de Xosé Neira Vilas