O gothic metal (ou goth metal) é un estilo que combina a musicalidade do heavy metal coas atmosferas e ambientacións escuras do gothic rock. A música deste estilo é diversa xa que os grupos clasificados dentro del adoptan a estética gótica a distintos xéneros de heavy metal. As letras dos temas deste estilo adoitan ser melodramáticas, romanticas e tristes, tratando en ocasións temas de fantasía.

O estilo orixinouse a comezos dos anos 1990 en Europa evolucionando a partir do death-doom. Os primeiros grupos considerados dentro deste estilo son os ingleses Paradise Lost, My Dying Bride e Anathema. Outros grupos pioneiros da mesma época son os estadounidenses Type O Negative, e os suecos Tiamat. Os noruegueses Theatre of Tragedy desenvolveron unha estética denominada "a bela e a bestia" que combina voces masculinas agresivas con voces limpas femininas, estilo adoptado tamén por algúns outros grupos posteriores. A mediados dos anos 1990 Moonspell, Theatres des Vampires e Cradle of Filth adaptaron a temática e estética gótica ao black metal. A finais da década dos anos 1990 fíxose popular unha variante sinfónica do gothic metal, con grupos como Tristania e Within Temptation.

A comezos do século 21 o gothic metal comezou a ser máis popular en Europa, particularmente en Finlandia onde grupos como HIM, Lullacry e Poisonblack conseguiron acadar os primeiros postos en listas de vendas. Nos Estados Unidos algunhas bandas como Type O Negative, HIM, Lacuna Coil, Evanescence e Cradle of Filth tamén acadaron un certo éxito comercial.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Subxéneros do heavy metal‎