Cassadaga é o sétimo álbum da banda estadounidense de indie rock Bright Eyes, publicado o 10 de abril de 2007 a través do selo Saddle Creek Records. No ano 2006 o grupo gravou entre 25 e 30 cancións, das cales 13 aparecen neste traballo. O disco foi chamado así polo pobo de Cassadaga, Florida, unha comunidade de mediums e seguidores do espiritualismo.

Z Berg de The Like, Sherri DuPree e Stacy King de Eisley, ademais da artista en solitario Rachael Yamagata, aparecen no álbum. O seu primeiro sinxelo, "Four Winds", foi editado o 6 de marzo de 2007, no EP Four Winds con 5 caras-b que non aparecen en Cassadaga.

Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Conor Oberst, agás onde se indique.

Notas

Categoría:Álbums de Bright Eyes Categoría:Álbums musicais de 2007 Categoría:Álbums de Saddle Creek Records