SCUMM (Script Creation Utility for Maniac Mansion en inglés, "Utilidade de creación de guións para Maniac Mansion") atópase a medio camiño entre unha linguaxe e un motor para videoxogos para aventuras gráficas. SCUMM foi creado por Lucasfilm Games (despois coñecida como LucasArts) e desenvolvido por Aric Wilmunder e Ron Gilbert para o seu videoxogo Maniac Mansion en 1987, considerado como unha das primeiras aventuras gráficas da historia dos videoxogos. Foi o motor de aventuras gráficas máis popular nos anos oitenta e principios dos noventa, tendo en AGI e SCI de Sierra On-Line os seus principais competidores.
SCUMM permitía aos deseñadores de xogos crearen lugares, obxectos e secuencias de diálogos sen necesidade de escribir na mesma linguaxe coa que se escribira o código fonte do xogo.
Versións
Versión 0 Maniac Mansion (versión de Commodore 64)
Versión 1 Zak McKracken and the Alien Mindbenders (Commodore 64 e versións orixinais de PC) Maniac Mansion (versión orixinal de PC)
Versión 1.5 Maniac Mansion (NES)
Versión 2 Maniac Mansion (Amiga e versións adaptadas a PC) Zak McKracken and the Alien Mindbenders (Amiga, Atari ST e versións adaptadas a PC)
Versión 3
Indiana Jones and the Last Crusade: The Graphic Adventure (Amiga, EGA/VGA PC e versións FM-Towns) Zak McKracken and the Alien Mindbenders (versión FM-Towns) Loom (Amiga, discos flexibles EGA PC e versións FM-Towns)
Versión 4 The Secret of Monkey Island (Amiga e versións EGA/VGA PC en discos flexibles) Loom (versión VGA PC CD-ROM) Passport to Adventure (Compilación de demos de The Secret of Monkey Island, Loom e Indiana Jones and the Last Crusade para PC versión EGA)
Versión 5 The Secret of Monkey Island (versión VGA PC CD-ROM) Monkey Island 2: LeChuck's Revenge (versións PC e Amiga) Indiana Jones and the Fate of Atlantis (versións PC e Amiga) Nota: A tecnoloxía iMUSE foi implementada nesta versión de SCUMM.
Versión 6 Maniac Mansion: Day of the Tentacle Sam & Max Hit the Road
Versión 7 Full Throttle The Dig
Versión 8 The Curse of Monkey Island
Videoxogos que usan SCUMM
LucasFilm Games/LucasArts Maniac Mansion (1987) Zak McKracken (1988) Indiana Jones and the Last Crusade (1989) The Secret of Monkey Island (1990) Loom (1990) Monkey Island 2: LeChuck's Revenge (1991) Indiana Jones and the Fate of Atlantis (1992) Maniac Mansion: Day of the Tentacle (1993) Sam & Max Hit the Road (1993) Full Throttle (1995) The Dig (1995) The Curse of Monkey Island (1997)
Aínda que a ferramenta ScummVM provocou que os xogos baseados en SCUMM volvesen a coñecerse na actualidade, non tódolos xogos compatibles coa máquina virtual están baseados nesa plataforma.
Véxase tamén Outros artigos ScummVM
Ligazóns externas PySCUMM, Version Open- PySCUMM, Version Open-Source do motor SCUMM escrito en Python. (SCUMM 8.1.0) (En desenvolvemento)
Categoría:Motores de videoxogos Categoría:Linguaxes de programación