Francisco Otero Guldrís, nado en Santiago de Compostela o 19 de setembro de 1928 e finado en Vigo o 21 de setembro de 2019, foi un avogado e xornalista galego.

Traxectoria Licenciado en Dereito e Graduado Social. Formou un grupo con outros mozos do seu tempo (Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lugrís, Gonzalo Rodríguez Mourullo, Baldomero Cores e Manuel Vidán) que deu orixe á Xeración das Festas Minervais. Colaborou en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, La Noche e Opinión Gallega. Estableceuse en Vigo como letrado e redactor de El Pueblo Gallego, e en 1978 foi elixido presidente da Asociación da Prensa de Vigo. Colaborou na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Vida persoal

Casou con Nieves e tivo cinco fillos: Francisco Abel, José Ángel, Carmen Rosa, Nieves Pilar e Emma. Foi soterrado no cemiterio de Pereiró.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Xeración das Festas Minervais

Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1928 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2019