miniatura|dereita|250px|Filete de porco á bordelaise. miniatura|dereita|250px|Costela de porco con mollo barbacoa e cebolas. miniatura|dereita|250px|Porco enteiro asado lentamente no espeto. A carne de porco é todo tipo de carne obtida a partir do porco doméstico (Sus domesticus). É unha das carnes máis consumidas do mundo,Raloff, Janet. Food for Thought: Global Food Trends. Science News Online. 31 de maio de 2003. tendo evidencias da gandaría porcina que datan do 5000 a.C.. No entanto, o seu consumo é considerado como un tabú alimentario por diversas Relixións, como o xudaísmo, islamismo e o adventismo, que á considran unha carne impura. En Galicia e boa parte de Europa é un dos alimentos máis tradicionais.

A carne de porco, tamén chamada carne porcina, consómese de diversas maneiras, incluíndo cocida, salgada ou afumada (xamón, incluíndo o prosciutto italiano) ou unha combinación destes métodos (touciño, touciño entrefebrado ou pancetta). Tamén é un ingrediente común das salchichas e longaínzas. A chacinaría é o ramo da gastronomía dedicada aos produtos de carne preparada, principalmente de porco.

A suinicultura desempeña un papel estratéxico na alimentación humana. A carne de porco é a carne máis consumida no mundo; para algúns autores representaría o 44% do consumo global, contra 29% da bovina e 23% da carne de aves, mentres que outros apuntan que supón o 38% da produción mundial de carne, seguida pola carne de polo, co 30%, e a bovina coEW 25.

Despezamento miniatura|Representación esquemática das partes dun porco cacheira. Consta de diferentes partes comestíbeis: orellas, faceira etc. barbada. lingua miolos cinta de lombo ou raxo. Situada a partir da sexta vértebra lumbar correspondente á peza de lombo. Moi apreciada e gustosa. espiñazo magro do pescozo. peito costela. costeleta. solombo. Sitúase á altura das costelas lumbares e é unha peza magra e algo pequena que se adoita vender enteira, é unha parte zumarenta que sae sen nervios. entreteto. Rexión ventral, da que se tira un touciño entrefebrado acompañado da pel, considerada de segunda categoría, e que pode comercializarse fresca ou curada. faldra. pa ou paleta. É a extremidade dianteira do animal, considerada de inferior calidade que as extremidades traseiras. lacón xamón. lomedro. Peza de porco que comprende a articulación que une o fémur coa tibia e o peroné, xunto coa musculatura que a envolve, rica en graxa, considerada de categoría inferior. Comercialízase con óso e contén unha febra moi xelatinosa. mans. Considérase unha das partes máis xelatinosas. rabo. agulla gónadas. roxón

Notas