Santa María de Paradela é unha parroquia que se localiza no concello de Meis. Segundo datos do IGE, tiña 890 habitantes no ano 2025, dos que 446 eran mulleres e 444 homes, o que representa un descenso respecto ós anos 2016, cando tiña 934 veciños, e 2010, cando eran 960.

A celebración da Semana Santa de Paradela foi declarada festa de interese turístico galego.

Patrimonio O pazo da Moroza é do século XVI. Ten planta en L, cunha torre ameada de tres pisos con dúas seteiras nos laterais. Pegada a ela hai unha plataforma elevada a xeito de zócolo. Na fachada ten gárgolas de pedra que sobresaen da parte alta dos esquinais da fachada. No interior consérvanse camas con dosel, a antiga lareira e cheminea, mobles isabelinos, bodega e unha biblioteca. O recinto ten unha capela unida ao muro exterior, un pombal circular e un hórreo.

No lugar de Outeiro hai un peto de ánimas incrustado no muro dunha casa, cun nicho rematado en arco de medio punto cunha cruz. A fornela conserva restos de policromía.

Paradela na literatura popular Ó subila e ó baixala/ a costa de Lantañón,/ ó subila e ó baixala/ perdín o pano mantón Lantañón é lugar de Paradela (Meis), pero a cantiga está recollida en Baión, parroquia de Vilanova que linda coa de Paradela. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 203. No texto: ô subila, ô baixala..

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Paradela

Parroquias de Meis

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Meis

Categoría:Parroquias de Meis Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María