Xoán o Ancián (tamén Xoán o Presbítero; do helenismo presbyteros, precisamente "ancián") foi un escuro personaxe da Igrexa antiga que unhas veces se identifica co Apóstolo Xoán e outras con Xoán de Patmos. Aparece en fragmentos do padre da Igrexa Papías de Hierápolis como unha das fontes do autor, e sen ningunha dúbida é distinguido do Apóstolo por Eusebio de Cesarea. A miúdo se suxire que pode ser un autor alternativo dalgúns dos libros que no Novo Testamento se atribúen a Xoán . Papías
Xoán o Presbítero aparece nun fragmento de Papías, bispo de Hierópolis no século II, quen publicara en cinco volumes unha "Exposición sobre os ditos do Señor" (en grego κυριακῶν λογίων ἐξηγήσις, Kyriakôn logiôn exêgêsis). Esta obra perdeuse mais fican fragmentos citados por Ireneu de Lión (202) e Eusebio de Cesarea (339).
Un destes fragmentos citados por Eusebio na súa Historia da Igrexa (Libro III, capítulo 39), di:
Interpretación
A interpretación deste texto ten basicamente dúas perspectivas: a de que Eusebio de Cesarea distingue entre dous Xoáns, o apóstolo e o ancián, e da que, como sostén a tradición da Igrexa, identifica só a un.
Distinción Eusebio, o historiador da Igrexa, mediante a devandita pasaxe, é o primeiro en distinguir inequivocamente un Xoán o Ancián dun Xoán o Apóstolo. Presenta a cita coas seguintes palabras: Ademais, o propio Papías, na introdución aos seus libros, manifesta que non era el mesmo un oínte e testemuña ocular dos santos apóstolos; senón que nos di que recibiu as verdades da nosa relixión dos que estaban familiarizados con eles [os apóstolos].Op. cit.
Despois de citar a Papías, Eusebio continua:
Eusebio identifica a Xoán o Ancián como o autor do Libro da Apocalipse, cuxa canonicidade discute pois desacorda co seu contido, especialmente co milenarismo implícito no "reino do milenio".
O padre da Igrexa Xerome de Estridón toma o punto de vista de Eusebio no seu De Viris Illustribus ("Sobre os homes ilustres"). No capítulo 9, que trata ao Apóstolo Xoán e os seus escritos, atribúelle tanto o Evanxeo de Xoán como a Primeira Epístola, e continúa a dicir:
No capítulo XVIII, contradicindo a Papías, Xerome repite a devandita pasaxe e continúa:
A atribución de Xerome da Segunda Epítola de Xoán e a Terceira Epístola de Xoán faise eco do texto destes libros, nos que o autor se auto-refire como "ho presbyteros", que pode ser traducido como "o presbítero", "o maior", "o ancián", "o vello", a mesma palabra que usa Papías.
O Decretum Gelasianum asociado co papa Xelasio I, aínda que posterior a el, segue a Xerome aceptando que unha carta é de Xoán o Apóstolo e dúas outras de Xoán o Ancián.
En tempos modernos, a distinción a miúdo reviviu, sobre todo –e contrastando claramente coa perspectiva de Eusebio– "para apoiar a negación da orixe apostólica do Cuarto Evanxeo ", cuxa "beleza e riqueza" algúns estudosos achan difícil de atribuír a un "pescador de Galilea".
Controversia pola súa identificación
Gran parte da tradición da Igrexa atribuíu directamente todos os libros do Xoán do Novo Testamento a un único autor, o apóstolo Xoán. A opinión exposta por Eusebio non permaneceu incontestada. A Enciclpedia Católica dos anos '90, por exemplo, afirmaba que a distinción "non ten base histórica". Para apoiar esta opinión, propón catro argumentos:
O testemuño de Eusebio é discutible, xa que a súa afirmación de que Papías "non era un oínte nin unha testemuña ocular dos santos apóstolos" se contradí coa pasaxe na Crónica de Eusebio que expresamente chama ao Apóstolo Xoán mestre de Papías. A interpretación de Eusebio derivaríase da súa oposición o milenarismo e ao Libro da Apocalipse. Distinguindo entre dúas persoas co nome de Xoán, Eusebio podería rebaixar ese libro como obra do Ancián, no canto do Apóstolo, e tamén minar a reputación de Papías como alumno do Apóstolo. Na pasaxe, Papías usa as mesmas palabras -presbítero (ou ancián) e discípulos do Señor– tanto para nomear os Apóstolos como para nomear ao segundo Xoán. A repetición de Xoán explícase pola "peculiar relación" de Papías con Xoán, de quen deprendera algunhas cousas de xeito directo e outras indirecto. Antes de Eusebio non había ningunha mención sobre un segundo Xoán en Asia. Digno de especial atención neste contexto é Ireneu de Lión, el mesmo, alumno de Policarpo de Esmirna. No seu libro Adversus Haereses, que se conserva nunha versión latina, Ireneu menciona a "Papías, o oínte de Xoán, e un compañeiro de Policarpo" (Libro V, capítulo 33), sen sinalar que este fora ningún outro Xoán máis que "Xoán, o discípulo do Señor, quen tamén se apoiara no Seu peito [e] fixera público el mesmo un Evanxeo durante a súa estada en Éfeso, Asia" (Libro III, capítulo 1). Na súa "Carta a Florino", da que se conserva un fragmento, Ireneu fala de "Policarpo que recibira así [información] das testemuñas oculares da Palabra de vida " e de Xoán como "aquel ancián bendito e apostólico ".
Recentemente Richard Bauckham, no seu libro Jesus and the Eyewitnesses ("Xesús e o testemuño ocular"), argumentou a favor de distinguir entre o Apóstolo Xoán e Xoán o Ancián mediante un novo compromiso coa evidencia que proporcionan Papías, Eusebio, Ireneu, Polícrates de Éfeso e o canon muratori.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas External Evidence in Synoptic Source Criticism Catholic Encyclopedia: "St. John the Evangelist" The Johannine Writings by Paul W. Schmiedel
Categoría:Novo Testamento Categoría:Patroloxía