The Revenant é un filme estadounidense dirixido por Alejandro G. Iñárritu que se estreou no 2015. Está ambientado en 1823, en Montana e Dacota do Sur, e o guión foi escrito por Mark L. Smith e Iñárritu baseándose na novela de Michael Punke The Revenant: A Novel of Revenge. Está protagonizado por Leonardo DiCaprio, Tom Hardy, Will Poulter e Domhnall Gleeson.

O desenvolvemento do filme comezou en agosto de 2001, cando Akiva Goldsman mercou o manuscrito de Punke coa intención de producir o filme. Orixinalmente pensouse en Park Chan-wook como director e a Samuel L. Jackson como protagonista, e posteriormente a John Hillcoat con Christian Bale. Ámbolos directores rexeitaron o proxecto, asinou como Iñárritu en agosto de 2011. En abril de 2014, despois de varios atrasos na produción por mor doutros proxectos, Iñárritu confirmou que comezaría a traballar en The Revenant e que DiCaprio sería o protagonista. É a segunda colaboración de Leonardo DiCaprio e Tom Hardy (sendo o primeiro Orixe).

O filme foi nomeado a doce Premios Óscar na 88ª entrega de 2016, gañando tres deles: mellor director para Iñárritu, mellor actor para DiCaprio e mellor fotografía para Emmanuel Lubezki.

Personaxes Leonardo DiCaprio como Hugh Glass, o protagonista abandonado por morto polos seus compañeiros cazadores. Tom Hardy como John Fitzgerald, o principal antagonista que busca a morte de Glass para o seu propio proveito. Domhnall Gleeson como Andrew Henry, o líder da partida de caza. Will Poulter como Jim Bridger. Forrest Goodluck como Hawk, fillo de Glass. Paul Anderson como Anderson. Brendan Fletcher como Fryman. Kristoffer Joner como Murphy. Brad Carter como Johnnie. Lukas Haas como Jones.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Alejandro González Iñárritu Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes sobre supervivencia Categoría:Filmes sobre nativos americanos Categoría:Filmes rodados na Columbia Británica Categoría:Filmes rodados en Calgary Categoría:Filmes ambientados en Montana Categoría:Filmes ambientados en 1823 Categoría:Filmes de Regency Enterprises Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de Appian Way Productions Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX