José Cividanes Álvarez, nado en Vigo en 1865 e finado en Marín o 11 de xullo de 1937, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi avogado en Vigo. Foi nomeado avogado do Estado, exercendo primeiro na provincia de Ourense (1896) e dende 1901 na provincia de Pontevedra. O 25 de decembro de 1931 participou no acto de fundación do partido Unión Regional de Derechas de Pontevedra celebrado no Teatro Principal da capital no que foi nomeado Presidente da Xunta Directiva e da que tamén formaban parte Tomás Abeigón Pazos coma Viceresidente e Víctor Lis Quibén coma Secretario.El Pueblo Gallego, 27-12-1931, p. 12.. Finou en Marín o 11 de xullo de 1937.El Pueblo Gallego, 13-7-1937, p. 9. Vida persoal Casou con Rosa Patiño Lima.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
Categoría:Avogados de Vigo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1865 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos