A Pasaxe é un lugar da parroquia de Camposancos, no concello pontevedrés da Guarda, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, en 2014 tiña 157 habitantes (80 homes e 77 mulleres).
Descrición Na Pasaxe, bañada polo Río Miño, hai unha estación ornitolóxica, un estaleiro e un peirao, onde atraca o transbordador internacional que cruza a Caminha, Portugal.
Neste mesmo lugar está o Colexio Apóstolo Santiago dos Padres Xesuítas, hoxe en ruínas, xermolo das universidades de Deusto e Comillas, que foi campo de concentración durante a Guerra Civil Española.Alonso, Sara: «Camposancos pierde su memoria» El País, 4/9/2012 .
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Camposancos
Parroquias da Guarda
Notas
Véxase tamén Outros artigos Colexio dos xesuítas de Camposancos Ligazóns externas «Colegio de los Jesuitas en O Pasaxe» paxinasdaguarda.blogspot.com.es
Categoría:Lugares da Guarda Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos