Domingo Ayaso Oujo, nado en Aguiño (Ribeira) en 1949 é un carpinteiro de ribeira galego.

Traxectoria Empezou a traballar en 1964 no obradoiro do pai, que era tamén carpinteiro de ribeira. Dedicou a súa traxectoria como carpinteiro á construción de dornas, a embarcación típica das Rías Baixas. Algunhas das dornas creadas por el están expostas no Museo do Pobo Galego.

Galardóns Premio Artesanía de Galicia 2015, a toda a súa traxectoria.

Notas

Categoría:Personalidades da artesanía Categoría:Nados en Ribeira Categoría:Nados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Carpinteiros Categoría:Premios Artesanía de Galicia