Iria Collazo López, nada en Barro o 26 de xuño de 1981, é unha escritora galega. Traxectoria miniatura|Con Tamara Andrés na presentación da revista Ligeia en Bueu o 22/09/2018 Iria Collazo López naceu en Barro e trasladouse coa súa familia aos sete anos a Moaña. Licenciouse en Filoloxía Galega en 2003 na Universidade de Vigo, obtendo o Premio Extraordinario Fin de Carreira. Ao ano seguinte aprobou as oposicións ao ensino secundario. Vive en Meira e traballa como profesora de Lingua e Literatura Galega no IES As Barxas (Moaña), colaborando con pequenas creacións literarias e como coordinadora, xunto con Luz Beloso, Miguel Ángel Alonso Diz e Seso Durán en proxectos audiovisuais (A Muller Lamprea, Alicia) nos obradoiros Eduplástica e MusicasBarxas, que resultaron gañadores dalgúns premios do audiovisual escolar, coma o 1º Premio de Videocreación do Concello de Santiago de Compostela, o Premio Olloboi Orixinal 2014, un accésit polo fomento do uso do galego do IES Monte Carrasco e outra nos premios Impinxidela. En 2018 colaborou na revista Ligeia.
En 2015 publicou na Colección Costa Oeste da Editorial Galaxia a súa primeira obra literaria, Coma unha áncora, unha historia de amor, naufraxios e memoria. En 2016 saíu A soidade das medusas tamén na editorial Galaxia, seis relatos diferentes pero con moitas cousas en común. Nesta mesma editorial publicou en 2019 A casa do paralelo 54.
En 2021 gañou a primeira bolsa do programa de intercambio de escritores entre Galicia e Xeorxia, para realizar unha estadía literaria na Writers’ House of Georgia de Tblisi, ao tempo que un autor xeorxiano viaxa á Residencia Literaria 1863 da Coruña.
Obra Narrativa Coma unha áncora (2015). Vigo: Editorial Galaxia."Coma unha áncora de Iria Collazo", no Caderno da Crítica, 15 de agosto de 2015. ISBN 978-84-9865-611-4. 128 p. A soidade das medusas (2016). Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-9151-019-2. 84 p. En portugués, A solidão das medusas (2018). Mar Maior. ISBN 9788491512547. Tradución de Manuele Masimi. A casa do paralelo 54 (2019). Vigo: Editorial Galaxia. 226 p. ISBN 978-84-9151-299-8. Ilustracións de Luz Beloso. Os mortos que amei (2024). Vigo: Editorial Galaxia, Col. Ronsel. 172 páxs. ISBN 978-84-1176-223-6. A muller de mentira (2026). Vigo: Editorial Galaxia, Col. Literaria. 122 páxs. ISBN 978-84-1176-597-8. Novela gañadora do Premio Manuel García Barros.
Poesía De casa queimada (2020). Alvarellos. 56 páxs. ISBN 978-84-16460-93-9.
Premios
2019: II Premio Certame de poesía Torre de Caldaloba con De casa queimada. 2026: XXXVIII Premio de Novela Manuel García Barros por A espera. Dúas historias de amor.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas A autora na Editorial Galaxia Cuestionario Proust A muller lamprea
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Barro Categoría:Nados en 1981 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Profesores de educación secundaria