Raimundo de Poitiers, tamén coñecido como Raimundo de Antioquía, nado en Tolosa a finais do século XI ou comezos do XII e finado en Oriente Medio -preto de Inab, Antioquía- o 29 de xuño de 1149, foi un nobre francés. Converteuse en príncipe de Antioquía polo seu casamento con Constanza, a princesa dese Estado Cruzado. Morreu en batalla contra as forzas do atabeg turco de Alepo, Nur-ed-Din.

Traxectoria Raymundo de Poitiers foi o fillo de Guillerme IX, duque de Aquitania, quen tamén ostentara o título de VII conde de Poitou. A identidade da súa nai é polémica: a esposa de Guillerme era Filipa de Tolosa, mais o duque tivo publicamente unha famosa concubina, Amauberge "Dangerose",Tamén coñecida en francés moderno como Dangereuse de l'Isle Bouchard ou Dangereuse de Chatelherault. quen podería ser a verdadeira nai de Raimundo.

Ascenso ao Principado de Antioquía Segundo Guillerme de Tiro, o mozo Raimundo foi a vivir na corte de Henrique I de Inglaterra.Guillerme de Tiro XIV.IX, p. 61 En 1135, o rei Fulque de Xerusalén, rexente de Antioquía no nome da princesa herdeira Constanza, filla do falecido príncipe Bohemundo II, enviou legados á corte inglesa para ofrecela en matrimonio ao seu hóspede francés, Raimundo. Raúl, o patriarca de Antioquía acordou que fose a Antioquía a casar coa madre da rapaza, Alicia,Guillerme de Tiro XIV.XX, p. 636. e por tanto, cando Raimundo chegou a Antioquía en abril de 1136, a súa futura sogra creu que que viña para propórlle matrimonio a ela, mais Raimundo raptou a súa filla Constanza e finalmente o patriarca de Antoquía casounos.Guillerme de Tiro.XX, p. 655. O casamento coa princesa converteuno inmediatamente en príncipe de Antoquía.Runciman 1987, p. 199.

Defensa do seu poder Os primeiros cruzados prometeran ao Imperio Bizantino recobrar Antioquía vencendo os turcos e despois devolvela a Bizancio, mais nunca cumpriron esa restitución, por tanto a cidade era reiteradamente reclamada polo imperio. En agosto de 1137 o emperador Xoán II Comneno dirixiuse ata Antioquía e logrou obrigar Raimundo a xurar un acordo e alianza.Runciman 1987, pp. 212-213 O príncipe cedería Antioquía ao emperador a cambio de territorio da veciñanza de Alepo, o cal sería ripado aos musulmáns. En abril e maio de 1138 Raimundo e Xoán obtiveron algúns éxitos combatendo os musulmáns, pero o príncipe nunca devolveu o control da cidade ao emperador. En 1142 Xoán II preparou unha nova expedición para invadir Antioquía, mais finalmente morreu en abril de 1143 camiño de Cilicia.Runciman 1987, pp. 223-224.

Despois do novo emperador Manuel I refusar a petición do príncipe Raimundo para que Cilicia fose devolta a Antioquia, Raimundo invadiu a provincia.Runciman 1987, p. 234. O 19 de marzo de 1148 chegou a Antioquía o rei Lois VII de Francia á cabeza do exército francés para afrontar a Segunda Cruzada. Con el viña a súa muller Aliénor de Aquitania, sobriña de Raimundo. Leonor gozaba de permanecer na cidade e o seu tío suplicoulle ficar para ampliar as terras da familia, e que se divorciase de Lois se o rei refusaba axudalo militarmente.Nicolle (2009) p. 54. Durante este período, houbo rumores dun amorío entre Raimundo e Leonor, o que provocou tensións no matrimonio real francés.Nicolle 2009, pp. 18, 54. Os conflitos co Imperio Bizantino non eran o única fronte de Raimundo, senón que como cabeza dun Estado Cruzado tiña que arrostrar o avance musulmán, por iso esperara Lois, con quen pretendía realizar a defensa contra os turcos e facer unha expedición contra Alepo, punto clave do poder musulmán na rexión, mais Lois finalmente rexeitouno,Runciman 1987 p. 278. preferindo marchar cara a Xerusalén, a cidade santa centro de peregrinación cristián, en vez de centrarse no aspecto netamente militar da cruzada,Brundage (1962) e partiu rapidamente levando Leonor pola forza.

Morte As aspiracións de Raimundo sobre Alepo enfrontábano directamente co seu gobernante turco, o atabeg Nur-ed-Din. En 1149 Nur-ed-Din atacou Antioquía coa axuda dalgúns aliados. Raimundo non obtivo moito auxilio doutros señores cristiáns, mais aliouse cun inimigo musulmán de Nur-ed-Din, Ali ibn-Wafa, xefe dos assassíns, e confiadamente loitou tendo a súa disposición unha forza moito menor.Oldenbourg 1966, p 336.Mallett 2013, p. 55. O enfrontamento rematou coa destrución do exército de Antioquía e a morte en batalla de RaimundoAbul-Feda, RHC Historiens orientaux, Tomo I, p. 28 o 29 de xuño do ano 1149.Guillerme de Tiro XVII.IX, pp. 774-5. O príncipe tería a oportunidade de escapar, mais rexeitou abandonar os seus soldados.Oldenbourg, p 337 Nur-ed-Din enviou como regalo a súa cabeza nunha caixa de prata ao califa de Bagdad.Runciman 1987, p. 326.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Guillerme X, duque de Aquitania

Categoría:Cruzadas Categoría:Finados en 1149 Categoría:Nobres de Francia Categoría:Nados en Tolosa, Francia Categoría:Príncipes de Antioquía