O New York Red Bulls é un club de fútbol profesional que xoga na Major League Soccer. É o equipo da cidade de Nova York, pero xoga en Harrison, Nova Jersey no estadio Red Bull Arena, polo que xoga na conferencia Leste. Foi un dos dez equipos que xogaron a tempada inaugural da MLS en 1996. Na súa fundación o equipo chamábase New York/New Jersey MetroStars ata o ano 1997. A partir dese ano o equipo comezou a chamarse MetroStars. En 2006 o equipo foi comprado por Red Bull GmbH, e houbo un novo cambio de nome que mantense ata a actualidade .

O ano 2010 foi un ano moi ilusionante para os neoyorkinos xa que anunciouse a chegada do lendario dianteiro francés Thierry Henry e do capitán da selección mexicana de fútbol, Rafa Márquez. Os dous ex-campións de Europa co FC Barcelona.

Historia Era New York/New Jersey MetroStars A historia deste equipo comezou coa selección de Tony Meola como capitán e o internacional italiano Roberto Donadoni como estrela do equipo. O primeiro encontro tivo lugar no antigo estadio do equipo, o Giants Stadium, fronte ó Los Angeles Galaxy no que os anxelinos leváronse a vitoria por dous goles a un. Os MetroStars chegaron ós playoffs pero foron eliminados polo DC United no terceiro partido .

En 1997 a estrela do equipo, Roberto Donadoni, retornou ó AC Milan. Esa mesma tempada o equipo non foi capaz de clasificarse ó playoffs . A partir dese ano o equipo comezou a chamarse MetroStars.

Era MetroStars O primeiro ano como MetroStars o equipo conseguiu clasificarse para os playoffs, pero caeron en primeira rolda fronte ó Columbus Crew . O ano seguinte tras unha estrepitosa tempada, anunciouse a fichaxe de Lothar Matthäus para a seguinte tempada . No ano 2000 os MetroStars conseguiron o seu mellor resultado chegando ás semifinais, onde perderon fronte ó Chicago Fire. Dende ese ano ata o final da era MetroStars o equipo non conseguiu avanzar máis aló que da primeira rolda dos playoffs. No ano 20003 chegaron á final da US Open Cup pero acabaron derrotados polo Chicago Fire por un gol a cero . No ano 2006 o equipo foi comprado por Red Bull GmbH e cambiou o nome polo de New York Red Bulls.

Era New York Red Bulls A pesar do cambio de nome a sorte para o equipo foi a mesma, perdeu na primeira rolda dos playoffs . No ano 2008 o equipo alcanzou a final, tería que enfrontarse ao Columbus Crew na final. Aínda que John Wolyniec foi quen de empatar o partido tras que se adelantaran os de Ohio, finalmente os Black & Gold lograron gañar a MLS Cup por tres goles a un . Tras este bo ano o equipo desinflouse en liga quedando na última posición e foi eliminado en primeira rolda da Liga de Campións da CONCACAF, a primeira vez que participaba neste torneo . O ano 2010 os Red Bulls comezaron a xogar no que é o seu estadio actual, o Red Bull Arena .

O ano 2010 foi un ano moi ilusionante para os neoyorkinos xa que anunciouse a chegada do lendario dianteiro francés Thierry Henry e do capitán da selección mexicana de fútbol, Rafa Márquez. Os dous ex-campións de Europa co FC Barcelona. No ano 2012 Thierry Henry sae cedido por dous meses ó Arsenal FC . Ese mesmo ano tamén sairón do club homes importantes como Rafa Márquez ou Joel Lindpere, aínda que chegou ou súper-estrela o internacional brasileiro Juninho Pernambucano . O ano 2013 chegou o primeiro título da historia do equipo que gañou a Supporters' Shield . Na súa segunda participación na Liga de Campións da CONCACAF o equipo quedou eliminado na fase de grupos. Na tempada do 2015 os Red Bulls chegaron por terceira vez ás semifinais dos playoffs, pero foron eliminados polo que sería o campión, o Columbus Crew http://www.mismarcadores.com/cuadro/Whx6oNSf/f3mgP9Ou/#draw.

Xogadores http://www.mismarcadores.com/equipo/new-york-red-bulls/zV5YmQAr/plantilla/

Títulos Supporters' Shield(2): 2013 e 2015 Récords Individuais Historia Partidos: 169 Mike Petke Minutos: 14,060 Mike Petke Goles: 58 Juan Pablo Ángel Asistencias: 42 Thierry Henry Porterías imbatidas: 27 Luis Robles

Tempada Goles: 27 Bradley Wright-Phillips, 2014 Asistencias: 14 Eduardo Hurtado, 1998; Thierry Henry, 2014; Sacha Kljestan, 2015 Porterías imbatidas: 11 Bouna Coundoul 2010; Luis Robles 2013 Once ideal No ano 2010 os seareiros do New York Red Bulls votaron o mellor once na historia dos Red Bulls/MetroStars.

POR Tim HowardDEF Jeff ParkeDEF Mike PetkeDEF Eddie PopeMED Youri DjorkaeffMED Amado GuevaraMED Tab Ramos MED Dave van den Bergh DEL Jozy Altidore DEL Juan Pablo Angel DEL Clint Mathis

Notas

Categoría:Equipos da Major League Soccer