300px|miniatura|División eclesiástica de Galicia en 2008. O arciprestado de Faro é un arciprestado da arquidiocese de Santiago de Compostela. Pertence á vigairía da Coruña e abrangue 6 parroquias do concello da Coruña.

Historia miniatura|Arciprestado de Faro no mapa do arcebispado de Santiago de 1825. Recibe o nome polo antigo arciprestado de Faro, que se estendía polos actuais concellos da Coruña, Culleredo e Arteixo.O Camiño Inglés.

En 1959, mediante decreto de 30 de novembro do cardeal Quiroga, ficou reducido a 16 parroquias (dúas do municipio arteixán e o resto do coruñés): Santa María e Santiago, San Xurxo, San Nicolao, Santa Lucía, San Pedro de Mezonzo, Santa María de Oza, San Vicenzo de Elviña, San Cristovo das Viñas, San Pedro de Visma, San Tomé Apóstolo, San Xosé, Santa Margarida, San Rosendo, Nosa Señora do Carme, Santa María de Pastoriza e San Tirso de Oseiro.

En 1979 segregáronse del os arciprestados de Catro Camiños, Monelos e Riazor, e as freguesías de Pastoriza e Oseiro pasaron para o arciprestado da Laracha.

Parroquias As 6 parroquias do arciprestado son Santa María e Santiago, San Xurxo, San Nicolao, San Tomé (establecida en 1942), San Xosé (establecida en 1954)Historia e María Auxiliadora (establecida en 1977).Iglesia conventual (Salesianos) y parroquial de María Auxiliadora

Arciprestes de Faro Sr. Leiceaga Víctor Corbiella Leoncio Barro Antonio Roura (1996 - 2010) José Manuel Hermida Abad (2010 - )

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Buscador de parroquias da arquidiocese de Santiago de Compostela.

Categoría:Arciprestados da arquidiocese de Santiago de Compostela