miniatura|Carambelos en Hofbieber, Alemaña (xaneiro de 2016). Un carambelo, tamén coñecido como carambo, candea ou caramelo, é un pedazo de xeo longo e de forma cónica que se forma cando a auga que pinga dun obxecto se conxela por efecto da xeada. Adoitan formarse cando se derrete a neve ou o xeo e a auga formada entra en contacto de novo con temperaturas inferiores a 0 °C, volvéndose conxelar.
En galego, carambelo ou caramelo, tamén pode facer referencia á capa de xeo que se forma na superficie dun líquido cando vai moito frío.
Notas
Categoría:Meteoroloxía Categoría:Glacioloxía