Jennifer Leigh Morrow, nada no barrio de Hollywood nos Ánxeles, o 5 de abril de 1962, é unha actriz estadounidense, coñecida como Jennifer Jason Leigh.

Traxectoria Leigh naceu en Hollywood. O seu pai foi o actor Vic Morrow e a súa nai a guionista Barbara Turner. O seu nome real era Jennifer Leigh Morrow, mais cambiouno ao principio da súa carreira adoptando "Jason" en homenaxe a Jason Robards, amigo da familia.

Debutou no cinema aos nove anos e a partir dos catorce comezou a estudar en Nova York en cursos de verán de Lee Strasberg. En 1982 interpretou unha adolescente que queda embarazada en Fast Times at Ridgemont High, de Cameron Crowe, que supuxo o seu lanzamento. Ese mesmo ano faleceu o seu pai nun accidente durante a rodaxe de Twilight Zone: The Movie.

Durante a década de 1990 traballou con directores independentes como Robert Altman, Alan Rudolph e David Cronenberg.

En 2001 codirixiu e coescribiu o filme The Anniversary Party.

Filmografía Ano Título Personaxe Notas1977BarettaMarcieSen acreditar1981Eyes of a StrangerTracy Harris1981The Best Little Girl in the WorldCasey Powell1982Wrong Is RightYoung Girl1982Fast Times at Ridgemont HighStacy Hamilton1983Easy MoneyAllison Capuletti1984Grandview, U.S.A.Candy Webster1985Flesh + BloodAgnes1986The HitcherNash 1986The Men's ClubTeensy1987Sister, SisterLucy Bonnard1987Under CoverTanille Lareoux1988Heart of MidnightCarol Rivers1989The Big PictureLydia Johnson1989Last Exit to BrooklynTralala1990Miami BluesSusie Waggoner1991BackdraftJennifer Vaitkus1991Crooked HeartsMarriet Hoffman1991RushKristen Cates1992Muller branca solteiraHedra 'Hedy' Carlson/Ellen Besch1993Short CutsLois Kaiser1994The Hudsucker ProxyAmy Archer1994Mrs. Parker and the Vicious CircleDorothy Parker1995Dolores ClaiborneSelena St. George1995GeorgiaSadie Flood 1996Kansas CityBlondie O'Hara1996Bastard Out of CarolinaAnney Boatwright1997Washington SquareCatherine Sloper1997A Thousand AcresCaroline Cook1999eXistenZAllegra Geller2000The King Is AliveGina2001Skipped PartsLydia CallahanTamén coprodutora 2001The Man Who Wasn't ThereFemale Inmatesen acreditar2001The Anniversary PartySally TherrianTamén guionista, produtora e directora2001The QuickieLisa2002Hey Arnold!: The MovieBridget (voz)2002Road to PerditionAnnie Sullivan2002Crossed OverKarla Faye Tucker2003In the CutPauline2004O maquinistaStevie2004PalindromesMark Aviva2004ChildstarSuzanne2005The JacketDr. Beth Lorenson2005Rag TaleMary Josephine Morton2007Margot at the WeddingPauline2008Synecdoche, New YorkMaria2010GreenbergBethTamén guionista e produtora2013The Spectacular NowSara2013Kill Your DarlingsNaomi Ginsberg2013Hateship, LoveshipChloe 2013Jake SquaredSheryl2013The MomentLee2014Welcome to MeDeb Moseley2015AnomalisaLisa (voz)2015The Hateful EightDaisy Domergue a.k.a. "The Prisoner"2016Amityville: The AwakeningJoan2016LBJLady Bird Johnson

Véxase tamén Bibliografía

"Anima Animus: Jennifer Jason Leigh’s Bisexual Method in Last Exit to Brooklyn" by Ian Murphy (article in Alphaville journal) Ligazóns externas

Jennifer Jason Leigh en Internet Off-Broadway Database In-depth interview at Museum of Moving Image in 1994 Article in Alphaville journal

Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de California Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1962 Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América