María Teresa Alvajar López, nada na Coruña en 1922 e finada en Madrid o 9 de xaneiro de 2016, foi unha política e escritora galega. Traxectoria Filla do político republicano César Alvajar e de Amparo López Jeán, era irmá de Ana María Alvajar, Amparo Alvajar e Javier Alvajar López. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi encarcerada con 17 anos na prisión da Coruña acusada de dirixir checas e o Servizo de Investigación Militar republicano. No cárcere coincidiu con Esther Casares, filla de Santiago Casares Quiroga. Exiliouse en Francia cos seus pais. Deixou testemuño da súa traxedia persoal e familiar no libro Memorias dunha republicana (Laiovento) editado por Aurora Marco.
Homenaxes En 2008 recibiu o Premio Galiza Mártir e en 2009 foi nomeada Republicana do ano pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes