miniatura|Un falante de võro. A lingua võro (, ) é unha lingua pertencente á póla finobáltica das linguas urálicas. Tradicionalmente, foi considerado un dialecto do estoniano, pero hoxe está considerada unha lingua literaria e está a buscar o recoñecemento oficial como lingua rexional autóctona de Estonia. O võro ten 74 499 falantes (võros) a maioría no sur do país, nas oito parroquias do histórico condado de Võru: Karula, Harglõ, Urvastõ, Rõugõ, Kanepi, Põlva, Räpinä e Vahtsõliina. En menor medida, tamén é posible atopar falantes en Talín, Tartu e o resto de Estonia. Segundo datos de 2011 tiña 87 000 falantes. O võro está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en võro Linguas de Europa

Categoría:Linguas urálicas Categoría:Linguas de Estonia