foi o 76º emperador do Xapón,Imperial Household Agency (Kunaichō): 近衛天皇 (76) segundo a orde tradicional de sucesión.Ponsonby-Fane, Richard. (1959). The Imperial House of Japan, pp. 80.

O reinado de Konoe estendeuse entre os anos 1142 e 1155.Titsingh, Isaac. (1834). Annales des empereurs du Japon, pp. 186–188; Brown, Delmer et al. (1979). Gukanshō, pp. 324–326; Varley, H. Paul. (1980). Jinnō Shōtōki. p. 205.

Xenealoxía Antes da súa suba ao Trono do Crisantemo, o seu nome persoal (imina)Brown, pp. 264. [Ata o tempo do emperador Jomei, os nomes persoais dos emperadores (a súa imina) eran moi longos e a xente non os usaba. O número de caracteres en cada nome diminuíu despois do reinado de Jomei] foi Narihito-shinnō (体仁親王).Brown, p. 324; Varley, p. 205. Tamén foi coñecido como Tosihito-shinnō.Titsingh, p. 186.

Foi o oitavo fillo do Emperador Toba. A súa nai foi Fujiwara Tokuko (1117–1160), muller de Toba.Kitagawa, H. (1975). The Tale of the Heike, p. 240.

Kōgō Fujiwara Masuko (1140–1201) foi a esposa do Emperador Konoe; mais tras o pasamento deste casou co Emperador Nijo. Máis tarde, foi chamada Grande Emperatriz Viúva Omiya.Kitagawa, p. 298.

Acontecementos da vida de Konoe Konoe foi nomeado herdeiro ao pouco de nacer e foi proclamado emperador aos 3 anos.

Eiji 1, No 3º mes (1141) o emperador Toba aceptou a tonsura e fíxose monxe budista con 39 anos.Titsingh, p. 185. Eiji 1, 7º día do 12º mes (永治元年; 1141): No 18º ano do reinado de Sutoku-tennō (崇徳天皇十八年), o emperador abdicou, e a sucesión (senso) recaeu no seu irmán máis novo, o oitavo fillo do Emperador Toba. Pouco despois, Konoe accedeu ao trono (sokui).Titsingh, p. 186; Brown, p. 324; Varley, p. 44. [Un acto distinto de senso non é recoñecido antes do emperador Tenji; e todos os soberanos excepto Jitō, Yōzei, Go-Toba, e Fushimi teñen senso e sokui no mesmo ano ata o reinado de Go-Murakami.]

Daquela, o Kampaku Fujiwara-no Tadamichi converteuse no Sesshō ou rexente. O emperador enclaustrado Toba continou dirixindo todos os asuntos de Estado, mentres o retirado Emperador Sutoku carecía de poderes. Este conflito provocou numerosas polémicas durante o reinado de Konoe.

Kōji 2, no 1º mes (1143): O emperador enclaustrado Toba, que agora era coñecido polo título de Daijō Hōō ou simplemente Hōō (太上法皇), visitou a súa nai. Kōji 2, no 5º mes (1143): Konoe pasou os seus días orando no Todai-ji e noutros templos do Monte Hiei. Ten'yō gannen ou Ten'yō 1, no 7º mes (1145): Albiscouse un cometa no ceo polo que mudou o nome de nengō polo de Kyūan. Kyūan 1, no 8º mes (1145): A nai do anterior emperador, Sutoku, (tamén coñecida como "Taikenmon-In") faleceu. Kyūan 2, no 2º mes (1146), Konoe visitou Toba-no-Hōō. Kyūan 2, no 12º mes (1146), Konoe participou nunha celebración en honor ao Sesshō Fujiwara no Tadamichi (o rexente) no seu 58º aniversario. Este evento foi importante xa que, en cada ciclo sexaxenario, ter 1 ou 58 anos auguraba boa fortuna segundo os principios da astroloxía chinesa. Kyūan 4, no 6º mes (1148: O palacio imperial foi consumido polo lume.Titsingh, p. 187. Kyūan 6, no 1º mes (1150): Konoe asumiu o papel de adulto maduro e casou con Fujiwara-no Tokoku, quen fora criada por Sadaijin Yorinaga. Tokoku, que era filla de Dainagon Taira-no Kiyomori, converteuse en Kōkōgō (皇皇后) ou primeira emperatriz. Kyūan 6, no 3º mes (1150): Konoe volveu esposar, desta vez con "Feï-si," quen fora criada polo Sesshō Fujiwara-no Tadamichi. Filla do Dainagon Fujiwara-no Koremichi, tornouse Chūgū (中宮) ou segunda emperatriz. Konoe estaba tan namorado desta segunda muller que descoidou a primeira, o que provocou discordia no kugyō, especialmente entre Tadamichi e Yorinaga. Kyūan 6, no 12º mes (1150): O Sesshō Minamoto-no Tadamichi, renunciou á súa posición e foi nomeado Daijō Daijin. Neste mesmo mes, Minamoto-no Yoshikane pasou a ser a cabeza de familia do clan Ashikaga na provincia de Shimotsuke. Ninpei 1, no 1º mes (1151): Sadaijin Yorinaga recibiu poder adicional como "Naï-ken," o que lle outorgaba o deber e a oportunidade de ler solicitudes formais antes de seren entregadas ao emperador. Con isto tiña os poderes do Sesshō e mais do Kampaku. As faccións da Corte que favorecían a Yorinaga adoitaban ter aversión por Tadamichi, e empregaban calquera medio posíbel para axudar a elevar a posición de Yorinaga. Porén, o carácter caprichoso de Yorinaga provocaba que este non fose do agrado de moitos. As súas tácticas e estratexia para mellorar o seu prestixio centráronse principalmente en diminuír o papel de Tadamichi na CorteTitsingh, p. 187-188. Ninpei 2, no 7º día do 3º mes (1152): Konoe visitou a casa de Toba-no-Hōō para festexar o 50º aniversario do seu proxenitor; o emperador permaneceu até o día seguinte, divertíndose con bailes e escoitando espectáculos musicais.Titsingh, p. 188. Ninpei 3, no 2 º do 2º mes (1153): Konoe visitou a casa do seu pai, e nese mesmo mes Taira-no Tadamori, a cabeza do Tribunal Penal, finou, e a súa posición decontado foi asumida polo seu fillo, Taira-no Kiyomori. Kyūju gannen ou Kyūju 1, no 5º mes (1154): Udaijin Minamoto-no Masasada retirouse da vida pública co fin de converterse en sacerdote á idade de 61. Feneceu varios anos despois. Kyūju gannen ou Kyūju 1, no 8º mes (1154): Fujiwara-no Saneyoshi, o Gran Xeneral da Dereita, foi ascendido a Gran Xeneral da Esquerda; e o anterior "Dainagon" Fujiwara-no Kanenaga (17 anos) foi ascendido, ocupando así a recentemente vacante praza de Gran Xeneral da Dereita. Kyūju 2, no 23º día do 7º mes (1155): O emperador Konoe finou con 17 anos sen deixar ningún herdeiro.Brown, pp. 324–325. Kyūju 2, no 24º día do 7º mes (大同元年; 1155): Tras os 14 anos do reinado de Konoe (近衛天皇14年), o emperador morreu e malia a garantida disputa sobre quen debería ser o próximo soberano, os eruditos da época concluíron que a sucesión (enso) debía ser recibida polo irmán máis novo, o fillo de 14 anos do antigo Emperador Toba. Pouco despois o Emperador Go-Shirakawa accedeu ao trono (sokui).Titsingh, p. 189; Brown, p. 326; Varley, p. 44.

Durante o reinado de Konoe construíuse o Templo Enshō (Supremacía da Duración). Despois disto, os sucesivos emperadores non construirían templos imperiais destinados á oración.Brown, p. 326.

Konoe gobernou 13 anos: 2 anos en nengō Kōji, 1 ano en Ten'yō, 6 anos en Kyūan, 3 wn Ninpei e 2 anos en Kyūju.

Kugyō Kugyō (公卿) é un termo que designa o grupo formado polos homes máis poderosos da corte do Emperador do Xapón (nas épocas anteriores ao Período Meiji).

En xeral, este grupo de elite incluía 3 ou 4 homes ao tempo. Eran cortesáns cuxa experiencia e presenza os levaría ao cume da súa traxectoria profesional. Durante o mandato de Konoe, esta cúspide do Daijō-kan incluía: Sesshō, Fujiwara Tadamichi, 1099–1164.Brown, p. 325. Daijō-daijin, Sanjō Saneyuki, 1079–1162. Sadaijin, Fujiwara Yorinaga, 1120–1156. Sadaijin, Minamoto Arihito, 1103–1147. Udaijin, Sanjō Saneyuki, 1079–1162. Udaijin, Minamoto Arihito, 1103–1147. Nadaijin, Minamoto Arihito, 1103–1147.

Eras do reinado de Konoe Os anos do goberno de Konoe identifícanse especificamente por máis dunha era ou nengo.Titsingh, pp. 185–188; Brown, pp. 325–326. KōjiKōji (1142–1144) Ten'yō (1144–1145) Kyūan (1145–1151) Ninpei (1151–1154) Kyūju (1154–1156)

Notas miniatura|120px|Kamon do Imperio Xaponés — flor do Crisantemo

Véxase tamén Bibliografía Brown, Delmer M. e Ichirō Ishida, eds. (1979). Gukanshō: The Future and the Past. Berkeley: University of California Press. ISBN 978-0-520-03460-0; OCLC 251325323 Kitagawa, Hiroshi e Burce T. Tsuchida, ed. (1975). The Tale of the Heike. Tokyo: University of Tokyo Press. ISBN 0-86008-128-1 OCLC 164803926 Ponsonby-Fane, Richard Arthur Brabazon. (1959). The Imperial House of Japan. Kyoto: Ponsonby Memorial Society. OCLC 194887 Titsingh, Isaac. (1834). Nihon Odai Ichiran; ou, Annales des empereurs du Japon. París: Royal Asiatic Society, Oriental Translation Fund of Great Britain and Ireland. OCLC 5850691 Varley, H. Paul. (1980). Jinnō Shōtōki: A Chronicle of Gods and Sovereigns. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-231-04940-5; OCLC 59145842

Categoría:Personalidades do Xapón