Ihor Vozniak (en ), nado en Lypytsi, RSS de Ucraína o 3 de agosto de 1952, é un eclesiástico católico ucraíno, dende 2005 arcebispo metropolita de Lviv dos ucraínos.

Traxectoria Ihor Vozniak naceu o 3 de agosto de 1952 en Lypytsi, no distrito de Mykolaiv da rexión de Lviv, na RSS de Ucraína.

En 1973 profesou en segredo como membro da Congregación do Santísimo Redentor en Lviv. Foi tamén en segredo ordenado sacerdote de dita congregación o 23 de novembro de 1980 por Volodymyr Sterniuk, bispo que exercía de cabeza da Igrexa Católica Ucraína na Unión Soviética cando Yosyf Slipyi estaba no exilio.

O 11 de xaneiro de 2002 foi nomeado bispo auxiliar de Lviv e bispo titular de Nisa in Lycia. Recibiu a consagración episcopal de mans do arcebispo maior de Lviv, Liubomyr Huzar, o 17 de febreiro do mesmo ano.

O 10 de novembro de 2005 foi nomeado arcebispo de Lviv.

Notas

Categoría:Nados en 1952 Categoría:Arcebispos católicos de Ucraína Categoría:Arcebispos da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Nados no distrito de Mykolaiv, rexión de Lviv Categoría:Redentoristas de Ucraína